Novas
Ler máis
[03/05/2023]O festival de danza, teatro e arte en acción Escenas do cambio —promovido pola Xunta de Galicia a través da
Fundación Cidade da Cultura— comeza mañá xoves 4 de maio tres xornadas dedicadas ás artes escénicas de vangarda. A obra itinerante
Aquí mentres camiñamos, do brasileiro Gustavo Ciríaco e a austríaca Andrea Sonnberger, será a encargada de inaugurar esta novena edición, cunha orixinal proposta na que público e artistas compartirán unha experiencia de descubrimento polas rúas de Santiago de Compostela.