[26/06/2022]A Xunta organiza oito cursos no marco do programa formativo do seu Centro Coreográfico Galego para 2022, que se desenvolverá ao longo do segundo semestre do ano arredor de diferentes temáticas como a prevención de lesións, o poder terapéutico da danza, diferentes estilos e técnicas coreográficas ou a xestión de compañías e espectáculos.
Con María Jesús Peces-Barba, Iker Gómez, Fran Sieira, Lázaro Carreño, Leodan Rodríguez, Manuel Lago e Uxío Novo, Laura Llauder e Beatriz Churruca e Igor Calonge