AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Ler máis


Afectos MAÑÁ 4 DE MAIO, NA CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

O festival Escenas do Cambio acolle a estrea de 'Afectos', de Kirenia Danza en coprodución co Centro Coreográfico

Documento anexo [03/05/2023] O festival de danza, teatro e arte en acción Escenas do cambio —promovido pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura— comeza mañá xoves 4 de maio tres xornadas dedicadas ás artes escénicas de vangarda. A obra itinerante Aquí mentres camiñamos, do brasileiro Gustavo Ciríaco e a austríaca Andrea Sonnberger, será a encargada de inaugurar esta novena edición, cunha orixinal proposta na que público e artistas compartirán unha experiencia de descubrimento polas rúas de Santiago de Compostela.

Catálogo Danza Galicia O lanzamento desta iniciativa responde a unha das medidas do Plan Integral para a Danza de Galicia

A Xunta edita o novo catálogo 'Danza Galicia' con 89 espectáculos de 36 compañías profesionais

Documento anexo [28/04/2023] A Xunta acaba de publicar a primeira edición do catálogo dixital Danza Galicia co fin de contribuír a unha maior visibilidade dos espectáculos coreográficos producidos na nosa Comunidade mediante a súa promoción en encontros considerados estratéxicos para o sector. É o caso do festival Dansa Valéncia, que a semana pasada congregou uns 180 axentes culturais de toda España e do estranxeiro e no que arrancou a difusión desta nova publicación na que se recollen 89 espectáculos de 36 compañías profesionais.

Diálogos de Danza O OBXECTIVO DO ENCONTRO É A ANALISE E A PROPOSTA DE FÓRMULAS QUE PERMITAN AUMENTAR OS ÍNDICES DE EXHIBICIÓN DOS ESPECTÁCULOS DE DANZA E ARTES DO MOVEMENTO

A Xunta e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural reúnen máis de 60 axentes do sector na xornada 'Diálogos de danza'

[28/03/2023] Máis de 60 persoas están a participar hoxe na xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que ten lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo a organización da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O encontro insírese no marco das medidas recollidas no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a partir dun proceso aberto e participativo co sector, que fai fincapé na necesidade de abrir foros periódicos de colaboración e debate cara ao deseño de novas iniciativas de impulso e promoción no ámbito da danza e as artes do movemento.

Coproducións CCG 2022 INSERIDOS NO NOSO PROGRAMA DE COPRODUCIÓNS 2022

A Xunta coproducirá os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas

[02/10/2022] A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza de Kirenia Martínez, Janet Novás e Paula Quintas a través de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego. A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades acaba de publicar a resolución desta convocatoria, pola cal se distribúen 54.000 euros entre as tres adxudicatarias para o desenvolvemento de cadansúa proposta escénica.

Fran Sieira ATA O VENRES NA NOSA SEDE E O SÁBADO EN OURENSE

Novo curso do noso plan de formación con Fran Sieira

Documento anexo [04/09/2022] O Centro Coreográfico Galego retoma mañá o seu programa formativo anual cun curso de baile tradicional a cargo do director, coreógrafo e bailarín Fran Sieira, que se desenvolverá ata o venres 9 na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta de Galicia e o sábado 10 se trasladará a Ourense para unha xornada final no Centro Cultural Marcos Valcárcel.


1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51



Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais