AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



TERÁ LUGAR DO 4 AO 15 DE XUÑO

O CCG organiza un taller a cargo de Janusz Subicz, discípulo de Pina Bausch

[03/05/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza un taller de improvisación e composición coreográfica que impartirá no mes de xuño na Coruña o bailarín e profesor de orixe polaca Janusz Subicz, discípulo da mítica coreógrafa alemana Pina Bausch. A iniciativa, que se programa como parte das actividades formativas do CCG especialmente dirixidas aos profesionais da danza galegos, ofrece un total de 20 prazas para profesionais de nivel avanzado, galegos e de fóra de Galiza, nas que os interesados poden inscribirse até o 18 de maio.

Esta será a primeira ocasión na que Janusz Subicz imparta os seus coñecementos e a súa técnica en Galiza. O taller enfócase como un traballo de improvisación que culmina nunha composición individual inspirada por un soporte musical. A idea básica é que da análise dos movementos, nos que se inclúen os xestos da infancia e da vida cotiá, xurde a emoción e a fantasía. A utilización dun soporte musical permite unha interpretación, unha colaboración específica á creatividade de cada persoa.

O curso desenvolverase durante dúas semanas, de luns a vernes, na sede do CCG (do 4 ao 8 e do 11 ao 15 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas). O prezo de inscrición é de 120 euros, con descontos do 25% para membros das asociacións profesionais de danza galegas, titulares de carné xove, de estudante, desempregados e familias numerosas. As 20 prazas dispoñibles adxudicaranse por orde de entrada das solicitudes no rexistro. Po

Janusz Subicz (Varsovia, 1951), estudiou 9 anos na Escola Nacional de Ballet da súa cidade natal. Traballou como bailarín na Ópera de Marsella, no Ballet Teatro Contemporáneo de Angers, na Nurkil Dance Company con técnica de Martha Graham, con Peter Gross en París, con Yuriko e EE. UU., con Betty Jones e Fitz Luden; e na compañía de Tyla Tarpp de Nueva York. É bailarín da compañía de danza-teatro de Pina Bausch, con sede en Wuppertal (Alemaña) dende 1979.

Documentos


< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais