AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



CELÉBRANSE OS DÍAS 2 E 3 DE XUÑO, EN HORARIO DE TARDE, NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CCG organiza dous encontros coa crítica portuguesa Claudia Galhós

[01/06/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza esta fin de semana dous encontros con Claudia Galhós, ensaísta e critica portuguesa especializada en danza, que terán lugar no Salón Teatro de Santiago mañá sábado, de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo día 3, de 16.00 a 18.00 horas. Ambas sesións serán de entrada libre.

No primeiro destes encontros, Galhós proporá aos asistentes un percorrido pola historia recente das artes performativas en Portugal, partindo da aparición da Nova Danza Portuguesa a finais da década dos oitenta. Esta revisión achegarase a territorios artísticos moi diversos, próximos ao teatro, á performance ou ás instalacións, así como aos universos creativos de autores portugueses especialmente singulares e con identidades artísticas moi definidas.

A segunda destas xornadas centrarase na función da crítica de arte en xeral, e da danza en particular, como instrumento de interpretación e clarificación da actividade artística, contextualizándoa e descodificándoa para o público xeral e chegando a se converter nun dos garantes da liberdade creativa.

TRAXECTORIA

Editora de teatro, danza e artes plásticas do portal cultural NetParque, na actualidade Claudia Galhós escribe sobre danza para o xornal Expresso de Lisboa. Colabora, ademais, con O Público e co Xornal de Letras como crítica de danza e ten editados diferentes textos en publicacións escénicas fóra de Portugal.

Dende 2005 é observadora-consultora da Rede Iris, integrada por programadores de Italia, Francia, España e Portugal. O ano pasado, publicou o libro Corpo de cordas: 10 anos da Companhia Paulo Ribeiro, e neste momentos está a traballar nun libro de acompañamento aos procesos creativos de compañías de teatro portuguesas.

Documentos


< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais