AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Once profesionais galegos asisten á clase maxistral de Àngels Margarit

[15/01/2008] A catalá Ángels Margarit, fundadora da compañía de danza Mudances, ofreceu o pasado venres 11 de xaneiro unha clase maxistral na escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela. A esta clase asistiron un total de once profesionais galegos, que pudieron achegarse á linguaxe e á forma de traballar desta profesional de renome internacional.

Nesta clase maxistral, que comezou cun quentamento básico, Àngels Margarit foi introducindo pouco a pouco elementos característicos da súa linguaxe, para rematar desenvolvendo fragmentos complexos do movemento e do desprazamento polo espazo.
O sábado e o domingo estivo no Salón Teatro de Santiago de Compostela presentando a última montaxe da compañía Mudances ‘Larandland’. Un traballo estético e abstracto en torno á cidade.

As actividades formativas dirixidas a profesionais do mundo da danza, como clases maxistrais ou ensaios abertos, continuarán desenvolvéndose cos distintos artistas que colaboren co Centro Coreográfico Galego. Preténdese así apoiar o intercambio entre profesionais do mundo da danza, dinamizando o sector.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais