AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



A GALEGA ESTHER EIRÁS ENSINARÁ AOS ALUMNOS EXERCICIOS CLAVE DESTA TÉCNICA DE DANZA

Curso de danza Graham no Centro Coreográfico Galego

[05/02/2009] O 7 e o 8 de febreiro a galega Esther Eirás impartirá un curso de danza Graham no Centro Coreográfico Galego, esta actividade forma parte da oferta de formación do CCG para a temporada 08-09. O curso, dirixido a estudantes e profesionais da danza e outras artes do movemento obtivo unha gran acollida, cubríndose todas as prazas que se ofertaban.

Neste curso traballaranse fisicamente os fundamentos da técnica Graham: a contracción e release do tronco, espirais, caídas e os desprazamentos do centro do corpo, mediante rutinas de exercicios clásicos desta técnica como a rotación en cuarta posición, a extensión da perna, exercicio de seis, contraccións laterais ou a caída en dez tempos.

O traballo técnico realízase no chan, no centro, en combinacións, caída se diagonais coreográficas. Este curso complétase coa aprendizaxe dunha coreografía de Martha Graham e co estudo da composición e estrutura da obra.

Esther Eirás

Esther Eiras é diplomada en Fisioterapia pola Universidade de A Coruña. Realizou estudos de ballet, danza jazz, contemporáneo, flamenco, teatro e teatro musical no Conservatorio Superior de Danza de Madrid. Ampliou a súa formación con estudos de danza contemporánea e jazz nas escolas de Martha Graham, Alvin Ailey, Paul Taylor e Broadway Dance Center de Nova Iorque.

En 2006 e 2007 forma parte como bailarina do Martha Graham Ensemble baixo a dirección de Marnie Thomas e Virginie Mecene participando en ‘Dark Meadow’, ‘Prelude to Action’, ‘Appalachian Spring’, ‘Night Journey’ e ‘Acts of Lights’. En xullo de 2007 completa os seus estudos de técnica Graham de danza contemporánea no Martha Graham Dance Center de Nova Iorque. En decembro de 2007 completa os seus estudos de ‘Administration for the Arts’ na New York University. Actualmente imparte clases de danza Graham no Centro de Danza Amor de Dios en Madrid.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais