AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



O PROGRAMA DESENVÓLVESE NOS CENTROS ESCOLARES DA ÁREA METROPOLITANA DA CORUÑA DE SETEMBRO A XUÑO

Máis de 2.500 alumnos participaron no programa pedagóxico do CCG

[27/05/2009] O vindeiro mes de xuño rematará o programa pedagóxico que o CCG desenvolve nos centros escolares e cívicos da área metropolitana da Coruña. A través deste programa ofrécense tres talleres de danza e tres de música para alumnos dos centros educativos e un taller de danza para adultos que se imparte a través dos centros cívicos. Ademais e co obxectivo de que os mestres dos centros nos que se imparten os talleres poidan continuar o traballo na aula, póñense á súa disposición distintas unidades didácticas adaptadas á idade dos alumnos.

Talleres de danza

A través destes talleres preténdese introducir aos nenos -dun xeito sinxelo e lúdico- no mundo da danza para que acaben sentindo o propio corpo como un medio de expresión cheo de posibilidades. Este programa está formado por tres talleres: Érase unha vez a danza, O mundo danza nun teatro e Alicia no país da danza.

No taller Érase una vez a danza, que imparte a profesora Beatriz Ponlla participaron un total de 482 alumnos de 11 centros escolares e 2 centros cívicos. Ademais Beatriz Ponlla realizou tamén un taller de danza clásica no Conservatorio de Lugo e outro na Facultade de Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Pontevedra nos que participaron 22 e 26 alumnos respectivamente.

O programa pedagóxico de danza complétase cos talleres O mundo danza nun teatro e Alicia no país da danza que imparte a profesora Belén Vázquez e nos que participaron 299 alumnos de 12 centros distintos en 12 talleres de cinco sesións dunha hora cada un, e 203 alumnos de 6 centros distintos respectivamente.

Talleres de música

O programa pedagóxico de música está composto polos talleres: Queres coñecer a gaita?que imparte Carlos Rilo, A Zanfona vai á escola que imparte Suso Vaamonde e o concerto didáctico Coñece a nosa músicaimpartido por: Carlos Taboada, Juan Carlos Rilo e José Ramón Bugliot.

Do taller Queres coñecer a gaita? realizáronse 19 sesións, de A zanfona vai á escola realizáronse 8 talleres nos que participaron un total de 120 alumnos. O programa pedagóxico de música completouse co concerto didáctico Coñece a nosa música do que se impartirán ata o vindeiro mes de xuño 22 concertos e no que ata o momento participaron 1271 alumnos.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais