AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



O PROXECTO FORMA PARTE DO PROGRAMA DA AGADIC ARTISTAS EN RESIDENCIA

Ensaio aberto de Macho de David Loira

[17/06/2009] O vindeiro xoves 18 de xuño de 12.00 h a 13.30 h na nave da AGADIC (Polígono Costa Vella, Rúa Polonia nº30) terá lugar un ensaio aberto do proxecto Macho de David Loira -artista residente do Centro Coreográfico Galego a través do programa da AGADIC Artistas en Residencia.

Para asistir a esta actividade é preciso solicitar asistencia a través do enderezo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es, indicando o nome e un número de teléfono.

O corpo masculino en coma

En Machoestablécese unha relación entre unha temática de identidade sexual e outra temática floral, desenvolvendo a idea dun corpo masculino en coma. David Loira contou neste proxecto coa asesoría artística de Toni Mira da compañía Nats Nus, coa asesoría en novas tecnoloxías de Rosa Sánchez e Alain Baumann de Konic Theater - iniciativa recoñecida internacionalmente como pioneira no emprego e incorporación de tecnoloxía interactiva en proxectos de creación-.

O equipo de Macho complétase con Octavio Mas no deseño de iluminación, Masako Hattori no vídeo, Xacobo Torres na axudantía técnica, Fiona B. Mccaudden como actriz e bailarina e Roberto Fratini na asesoría de dramatuxia.

David Loira

Este director, coreógrafo e bailarín licenciouse en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola Universidade da Coruña e recibiu unha bolsa de estudos para cursar o one year certificate of higher education in contemporany dance en Londres e foi becado polo CCG na formación en novas tecnoloxías aplicadas á escena no curso A escena aumentada con Konic Teather e no curso Danza, dramaturxia e floricultura con Roberto Fratini. Actualmente completa a súa formación en kinesoloxía con Manuel Arkay e Tai Chi Chuan.

No ano 2005 cofunda xunto a Rut Balbís a compañía Pisando Ovos codirixindo e bailando tres pezas en diferentes festivais nacionais e internacionais, e coproducindo xunto co CCG 30.000 dirixida por Damián Muñoz; con No intre 1800 recibe o 1º Premio de coreografía no Certame Coreográfico de Madrid. No verán de 2008 crea a súa propia compañía -que na actualidade recibe o nome de Compañía do Vacío- e estrea Over the Rainbow.

Participa tamén como coreógrafo e intérprete en distintas videocreacións e foi asistentes de coreografía de Antón Coucheiro no espectáculo Habitat. Como docente, impartiu seminarios de movemento e danza nas universidades da Coruña e Vigo, na Universidade de Ugon (Ghana) o una Escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais