AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



A PRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O XOVES DÍA 30, ÁS 16.00 H., NA AULA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO NA CORUÑA

A sede do CCG acolle una mostra pública da peza de investigación coreográfica "Kyra", de Kirenia Martínez

[27/07/2009] A sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña (Complexo Deportivo de Elviña) acollerá o vindeiro xoves 30 de xullo, ás 16.00 horas, unha mostra aberta ao público da peza de investigación coreográfica Kyra, realizada por Kirenia Martínez co apoio e produción do CCG. Trala presentación, abrirase un debate entre a artista e os asistentes.

Kyra é un traballo de carácter feminino e autobiográfico, no que se fala de mulleres fortes e apaixonadas cunha interesante maneira de enfrontar a vida e de gozar dela. Trátase de representar as constantes viaxes existenciais entre o pasado e o presente dunha muller que afonda nas lembranzas e que vive un presente inestable. A plasticidade e o peso teatral das escenas recrean o controvertido mundo subxectivo desta muller: Kyra.

A peza non sigue un fío dramático lineal, senón que presenta diferentes episodios que exemplifican a subxectividade desta muller, creando deste xeito un mosaico de historias que poderían desordenarse e, aínda así, seguir mantendo o concepto.

O traballo de investigación centrouse na naturalidade da palabra e o xesto baseados nos principios básicos da actuación, e apoiouse así mesmo nun ambiente sonoro rústico e natural. O obxectivo era crear un espazo no que a composición coreográfica e o movemento adquirisen un grande peso na escena para potenciar o papel dos intérpretes.

O acceso a esta actividade é libre, previa confirmación de asistencia enviando un correo ao enderezo electrónico documentacion.ccg@xunta.es

Documentos


< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais