AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



SEGUNDO A CONVOCATORIA PUBLICADA NA WEB DA AGADIC, AS AUDICIÓNS CELEBRARANSE OS DÍAS 29 E 30 DE MARZO NO COMPLEXO DEPORTIVO DE ELVIÑA NA CORUÑA

O Centro Coreográfico Galego abre o proceso de selección de 12 bailaríns e bailarinas para "Etheria"

[25/02/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de convocar o proceso de selección dun total de 12 bailaríns e bailarinas para a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Etheria. A viaxe soñada, baixo a dirección da coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez. Segundo as bases publicadas onte na web da AGADIC, os interesados en participar nas audicións que se celebrarán na Coruña os días 29 e 30 de marzo teñen de prazo ata o vindeiro día 13 para remitir as súas solicitudes.

As devanditas probas, ás que poderán acceder todos os aspirantes que reúnan os requirimentos esixidos, desenvolveranse na sede que o CCG ten no Complexo Deportivo de Elviña e constarán de tres fases. Na primeira, de carácter eliminatorio, os candidatos participarán de forma conxunta nunha clase de danza clásica académica dunha hora e media de duración.

Os que superen esta primeira fase, disporán dun tempo máximo de cinco minutos para executar de xeito individual unha variación clásica ou contemporánea, así como unha improvisación. Terán, asemade, unha entrevista persoal co tribunal encargado da selección, que estará presidido por Mercedes Suárez e do que formarán parte como vogais dúas profesoras do Centro Coreográfico Galego.

Os finalmente seleccionados poderán formalizar un contrato de traballo sometido á lexislación que regula a relación laboral especial dos artistas en espectáculos públicos, cunha remuneración de 1.450 euros mensuais. Está previsto que os ensaios co todo o elenco se estendan durante dous meses, a partir da formalización deste contratos, de xeito que de modo que o espectáculo poida estrearse diante do público a finais da primavera.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais