AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



ÁS 10.15 HORAS, NO CENTRO CULTURAL A FÁBRICA DE OLEIROS

Lucía Piquero abre ao público un ensaio da súa peza "Triloxía da violencia" dentro do programa de investigación coreográfica do CCG

[16/12/2010] A coreógrafa e bailarina Lucía Piquero, artista seleccionada polo programa Proxectos de Investigación Coreográfica do Centro Coreográfico Galego (CCG), ofrecerá mañá venres, ás 10.15 horas no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros, un ensaio aberto ao público e profesionais interesados da súa proposta Triloxía da violencia.

Este foi un dos oito proxectos seleccionados polo CCG no marco deste novo programa dirixido á promoción da investigación no ámbito da creación coreográfica en Galicia. A través desta iniciativa, a coreógrafa do Diciembre Dance Group está a traballar no estudo dos diferentes aspectos do comportamento violento a partir do movemento. A súa investigación céntrase no problema da violencia de raíz social -contra o individuo, doméstica e de grupo- cara á utilización da danza como motor de cambio e concienciación social.

Os ensaios comezaron esta semana no espazo cedido polo Concello de Oleiros, centrándose en primeiro lugar no traballo con dous bailaríns procedentes de Londres arredor da violencia na parella. Nas últimas dúas semanas do ano, o proceso dirixirase cara á investigación de aspectos relacionados coa violencia de grupo e individual, para o que contará cun grupo de bailarinas españolas seleccionadas para a ocasión.

En Trioloxía da violencia, Lucía Piquero pretende poñer o foco de atención sobre un tema que afecta directamente a vida de moitas persoas e que na nosa sociedade se presenta baixo distintos disfraces. O obxectivo da peza non é, porén, establecer xuízos de valor, senón estudar a situación das persoas implicadas.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais