AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



O SALÓN TEATRO E A PRAZA DE CERVANTES ACOLLERÁN DIFERENTES PROPOSTAS COREOGRÁFICAS EXECUTADAS POR 200 ARTISTAS

O CCG organiza en Santiago a I Mostra de Danza de Galicia con 37 compañías participantes

[14/04/2011] Coincidindo co Día Internacional da Danza, celebración que se conmemora cada 29 de abril, o Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza a I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre os días 26 e 30 deste mes con 35 compañías participantes. O Salón Teatro amosará de martes a sábado unha sucesión de máis de 20 pezas, cada unha delas duns 30 minutos de duración, levadas a cabo por unha ampla representación de compañías, intérpretes e creadores galegos. Durante as mañás a Mostra ocupará tamén a Praza de Cervantes, nun emprazamento aberto aos viandantes e no que participarán 10 formacións artísticas.

A I Mostra de Danza de Galicia ten como principal obxectivo reflectir o dinamismo coreográfico de Galicia, poñendo en valor a artistas tanto emerxentes como xa consolidados que desenvolven aquí o seu traballo. Ademais das creacións apoiadas polo programa de Proxectos de Investigación Coreográfica, terán cabida outras pezas interpretadas por compañías profesionais, grupos de danza ou asociacións que empregan o baile como instrumento para a integración e a concienciación social. En cada xornada tamén haberá tempo para o intercambio de experiencias entre os creadores.

Entrecaixas, Lusco e Fusco, Helen Bertels-La Tía Mardalina, Traspediante, Eudanza, Amparo Novas, Branca Novoneyra, Dloira ou Experimentadanza son algunas das formacións que presentarán as súas últimas producións dentro deste evento.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais