[18/07/2023]
A Xunta adxudica preto de 45.000 euros a tres proxectos a través do programa de coproducións da súa unidade de danza: ‘Seepwalkers’, ‘Millo vello’ e ‘Anöa’
As propostas que se desenvolverán ao abeiro desta iniciativa de apoio ao sector pivotan sobre reflexións arredor da guerra, da ecodependencia e da dicotomía entre a privacidade e a esfera pública
[15/06/2023] A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta ofrece oito cursos destinados prioritariamente aos profesionais da danza no marco do plan formativo do Centro Coreográfico Galego para 2023. Os diferentes talleres, que se desenvolverán no segundo semestre deste ano, abordarán un amplo abano de aspectos desta disciplina artística, xa que van desde a posta en escena á distribución de espectáculos, pasando pola inclusión do xénero tradicional en todo tipo de montaxes ou polo papel da danza na terapia educativa e na saúde emocional.
[03/05/2023]
O festival de danza, teatro e arte en acción Escenas do cambio —promovido pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura— comeza mañá xoves 4 de maio tres xornadas dedicadas ás artes escénicas de vangarda. A obra itinerante Aquí mentres camiñamos, do brasileiro Gustavo Ciríaco e a austríaca Andrea Sonnberger, será a encargada de inaugurar esta novena edición, cunha orixinal proposta na que público e artistas compartirán unha experiencia de descubrimento polas rúas de Santiago de Compostela.
[28/04/2023]
A Xunta acaba de publicar a primeira edición do catálogo dixital Danza Galicia co fin de contribuír a unha maior visibilidade dos espectáculos coreográficos producidos na nosa Comunidade mediante a súa promoción en encontros considerados estratéxicos para o sector. É o caso do festival Dansa Valéncia, que a semana pasada congregou uns 180 axentes culturais de toda España e do estranxeiro e no que arrancou a difusión desta nova publicación na que se recollen 89 espectáculos de 36 compañías profesionais.
[28/03/2023] Máis de 60 persoas están a participar hoxe na xornada Diálogos de danza. Unha ponte entre a creación e a programación, que ten lugar na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela, baixo a organización da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. O encontro insírese no marco das medidas recollidas no Plan Integral para a Danza de Galicia, elaborado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades a partir dun proceso aberto e participativo co sector, que fai fincapé na necesidade de abrir foros periódicos de colaboración e debate cara ao deseño de novas iniciativas de impulso e promoción no ámbito da danza e as artes do movemento.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51