AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

danza O PRAZO DE SOLICITUDE ESTARÁ ABERTO ATA O VINDEIRO 27 DE XUÑO

Ábrese o proceso de selección de tres novos espectáculos para o programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego

Documento anexo [06/06/2019] A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha o novo programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) para seleccionar os tres espectáculos de danza que serán apoiados en 2019 no marco desta iniciativa. A convocatoria desenvólvese a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que destinará un máximo de 18.000 euros a cada unha das propostas seleccionadas e lles cederá, así mesmo, as instalacións do CCG na Coruña para a súa realización.

Maestro Rodrigo O TEATRO COLÓN DA CORUÑA ACOLLE A ESTREA ESTE SÁBADO 8, ÁS 20.30 H

O Centro Coreográfico Galego e a Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo homenaxean o compositor cun ballet sobre a súa vida

Documento anexo [04/06/2019] O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20,30 h., a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo, promovido pola Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), e do Concello da Coruña.

<< 2019 >>
<< xuño >>
          1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais