[28/04/2023] A Xunta acaba de publicar a primeira edición do catálogo dixital Danza Galicia co fin de contribuír a unha maior visibilidade dos espectáculos coreográficos producidos na nosa Comunidade mediante a súa promoción en encontros considerados estratéxicos para o sector. É o caso do festival Dansa Valéncia, que a semana pasada congregou uns 180 axentes culturais de toda España e do estranxeiro e no que arrancou a difusión desta nova publicación na que se recollen 89 espectáculos de 36 compañías profesionais.