[07/12/2020]
A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza nos que traballan Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta, adxudicatarios da licitación de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo así entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
[15/10/2019] A coordinadora do Departamento de Produción Coreográfica da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Mercedes Suárez, cesa hoxe no seu posto, que implicaba a dirección do Centro Coreográfico Galego, para iniciar unha nova etapa profesional.
LEVAN POR TÍTULO 'MEDULA', 'BAILAR AHORA' E 'E-MIGRANTAS', RESPECTIVAMENTE[05/08/2019] A Consellería de Cultura e Turismo coproducirá os novos espectáculos de danza Medula de Artestudio, Bailar ahora de Marta Alonso e E-migrantas de Kirenia Martínez. Estes tres proxectos son os beneficiarios da convocatoria publicada en xuño pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) co obxectivo de seleccionar os títulos do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego para a temporada 2019-2020.
[03/07/2019]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) está a iniciar esta semana unha nova edición do seu programa de cursos de verán, que durante este mes de xullo e ata primeiros de agosto ofrecerá seis encontros formativos na súa sede da Coruña. Clásico, contemporáneo, musical jazz e tap dance son os catro estilos arredor dos que xiran os obradoiros deste ano, para os que a unidade de danza da Consellería de Cultura e Turismo volve contar con recoñecidos profesionais no seu ámbito, como Carmen Paris, Ruth Maroto, David Mur, John O’Brien, Gonzalo Zaragoza, Virginia Valero e Ángela Rodríguez.
[06/06/2019]
A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha o novo programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) para seleccionar os tres espectáculos de danza que serán apoiados en 2019 no marco desta iniciativa. A convocatoria desenvólvese a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que destinará un máximo de 18.000 euros a cada unha das propostas seleccionadas e lles cederá, así mesmo, as instalacións do CCG na Coruña para a súa realización.
1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48