[06/06/2019]
A Consellería de Cultura e Turismo acaba de poñer en marcha o novo programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG) para seleccionar os tres espectáculos de danza que serán apoiados en 2019 no marco desta iniciativa. A convocatoria desenvólvese a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), que destinará un máximo de 18.000 euros a cada unha das propostas seleccionadas e lles cederá, así mesmo, as instalacións do CCG na Coruña para a súa realización.
[04/06/2019]
O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 8, ás 20,30 h., a estrea do espectáculo de danza Maestro Rodrigo, promovido pola Fundación Victoria y Joaquín Rodrigo coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), e do Concello da Coruña.
[02/10/2018]
Pisando Ovos estrea mañá en Vigo o seu novo espectáculo de danza, Directo 9, realizado co apoio da Consellería de Cultura e Turismo a través do programa de coproducións que a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) desenvolve mediante o Centro Coreográfico Galego. Como compañía residente do Teatro Ensalle, este será o escenario das primeiras funcións da montaxe, que terán lugar mañá día 3 e o xoves 4, ás 21,00 h., e o venres 5 mais o sábado 6, ás 22,00 h.
[03/08/2018] O Centro Coreográfico Galego (CCG) compartirá co público unha mostra de danza protagonizada polo alumnado dos seus cursos de verán, que rematan hoxe mesmo na súa sede da Coruña. A gala, de entrada libre, terá lugar mañá sábado, ás 18,00 h., no Centro Ágora da cidade.
[23/05/2018] A compañía ourensá SóLODOS estrea o vindeiro 1 de xuño o espectáculo de danza Corps Sonore, realizado co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) a través do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego (CCG). O escenario destas primeiras funcións, programadas do venres 1 ao domingo 3 ás 19,00 h., será o Parque Botánico Montealegre de Ourense, onde tamén terá lugar un pase para escolares o primeiro dos días, ás 11,30 h.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50