[12/04/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia, a través da coprodución emprendida co Centro Coreográfico Galego (CCG), a estrea e difusión do espectáculo de música e danza titulado Gharbo!, creado pola compañía coruñesa Contra2. O equipo técnico e artístico da montaxe ofreceu hoxe diante de público especializado a representación dun fragmento da peza como avance da estrea que terá lugar os próximos 10 e 11 de maio no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
[18/03/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtivo os dereitos de representación da peza titulada Jardí tancat, a primeira creación do bailarín e coreógrafo Nacho Duato, para a súa montaxe polo Centro Coreográfico Galego (CCG). Baixo a dirección artística Mercedes Suárez, a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) incorporará esta obra á súa próxima produción como parte dun programa dobre que estreará no mes de maio.
[20/02/2012] O Centro Coreográfico Galego, o Institut del Teatre e o Mercat de les Flors de Barcelona acaban de editar A contracuento. La danza y las derivas del narrar, do profesor italiano Roberto Fratini, que fai o cuarto volume da súa colección Corpo de letra: danza e pensamento, pioneira no ámbito da teoría da danza contemporánea.
AS PROBAS, DIRIXIDAS A ESTUDANTES DE ESCOLAS E CONSERVATORIOS DE DANZA DE TODA GALICIA, DESENVOLVERANSE NA MAÑÁ DO XOVES 22 NA SEDE DO CCG NA CORUÑA[20/12/2011] Máis de 230 alumnos de conservatorios e escolas de danza de toda Galicia participarán o vindeiro xoves 22 nas audicións que o Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza na súa sede da Coruña como fase previa á produción en 2012 do ballet O Quebranoces. Os estudantes seleccionados nestas probas, dirixidas a rapazas e rapaces a partir de 9 anos de idade, terán a oportunidade de actuar xunto co elenco profesional da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) nas diferentes funcións que se ofrezan desta montaxe.
[15/12/2011]
O Centro Coreográfico Galego colabora coa Banda de Música Municipal de Silleda no deseño e interpretación dunha das coreografías que integran A sinfonía das fábulas, espectáculo central do concerto especial de Nadal da formación pontevedresa. Baixo a dirección de Rafa Agulló, o recital celébrase este sábado 17, ás 21.00 horas, no auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48