[15/12/2011]
O Centro Coreográfico Galego colabora coa Banda de Música Municipal de Silleda no deseño e interpretación dunha das coreografías que integran A sinfonía das fábulas, espectáculo central do concerto especial de Nadal da formación pontevedresa. Baixo a dirección de Rafa Agulló, o recital celébrase este sábado 17, ás 21.00 horas, no auditorio da Fundación Semana Verde de Galicia.
[21/10/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) coproducirá na presente temporada escénica 2011-2012 o espectáculo titulado Gharbo! xunto á compañía de danza Contra2. A coprodución supón a prestación, por parte da unidade da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), de asistencia artística, musical e técnica a través dun servizo de análise, asesoramento e planificación de estratexias de xestión, financiamento e comercialización.
[12/10/2011]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa presentando ante o público galego o seu espectáculo 3Dtres, co que chega a Pontevedra o próximo sábado día 15 para ofrecer unha única función ás 21:00 horas no Pazo da Cultura, programada en colaboración co Concello de Pontevedra. A última produción da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) está realizada a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun, coreógrafos de recoñecida traxectoria internacional que asinan, respectivamente, Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat.
[15/09/2011]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa presentando ante o público galego o seu espectáculo 3Dtres, co que chega a Vigo este sábado 17 para ofrecer unha única función ás 20.30 horas no Centro Cultural Novacaixagalicia. A última produción da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) está realizada a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun, coreógrafos de recoñecida traxectoria internacional que asinan, respectivamente, Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat.
[17/08/2011]
A praza de María Pita da Coruña acollerá mañá xoves, ás 22.00 horas, o espectáculo de danza 3Dtres, producido polo Centro Coreográfico Galego a partir das tres pezas creadas ex profeso por Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun: Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, respectivamente. Ademais, hoxe mércores, a partir das 21.45 horas, os dez bailaríns e bailarinas do elenco porán en escena esta última montaxe da compañía pública no Auditorio Municipal de Monterroso.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50