[09/06/2011]
O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou hoxe na Coruña o espectáculo 3DTres, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que se estrea o vindeiro sábado 11, ás 20.30 horas, no Teatro Colón. Os coreógrafos Tony Fabre, Ángel Rodríguez e Amaury Lebrun asinan, respectivamente, as pezas Honey Moon, Dulce memoria e Magnificat, que foron creadas ex profeso para este proxecto e dan forma -en palabras do conselleiro- a un "espectáculo de primeira magnitude, que adecúa o facer galego coas tendencias en auxe do panorama europeo".
[03/06/2011]
Un total de 30 alumnos participará mañá día 4 na clase maxistral de danza clásica que o bailarín e coreógrafo Ángel Corella impartirá na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña. A sesión, que se desenvolverá a partir das 12.00 horas nas instalacións do Complexo Deportivo de Elviña, inscríbese nun acordo xeral de colaboración asinado entre a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Festival Mozart da Coruña.
[12/05/2011] O Centro Coreográfico Galego (CCG) estreará o vindeiro 11 de xuño no Teatro Colón da Coruña o espectáculo titulado 3Dtres, a produción propia para este ano da compañía que dirixe Mercedes Suárez. A unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) está a ultimar os ensaios desta montaxe na que participan 10 bailaríns e bailarinas e que se articula mediante a sucesión de tres pezas creadas especialmente para o CCG por outros tantos coreógrafos convidados.
[06/05/2011]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) acollerá o vindeiro 4 de xuño unha clase maxistral de danza clásica impartida polo bailarín Ángel Corella, quen ofrecerá dúas horas de ensino presencial entre estudantes galegos de nivel avanzado. A iniciativa insírese nun acordo xeral de colaboración acadado entre a unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Festival Mozart da Coruña.
[29/04/2011]
A I Mostra de Danza de Galicia, que se desenvolve dende o pasado martes en Santiago de Compostela, chega mañá ao seu fin cunha intensa xornada durante a que se exhibirán un total de 10 propostas coreográficas a cargo doutras tantas formacións de danza tradicional, contemporánea e de integración. Finaliza así esta programación especial, deseñada polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como achega ás celebracións do Día Mundial da Danza, que se conmemora hoxe, e co obxectivo de facilitar unha perspectiva das diferentes liñas de traballo dentro da escena coreográfica galega.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50