[16/12/2010] A coreógrafa e bailarina Lucía Piquero, artista seleccionada polo programa Proxectos de Investigación Coreográfica do Centro Coreográfico Galego (CCG), ofrecerá mañá venres, ás 10.15 horas no Centro Cultural A Fábrica de Oleiros, un ensaio aberto ao público e profesionais interesados da súa proposta Triloxía da violencia.
OS PARTICIPANTES ACHEGARANSE AO REPERTORIO DE PIANO PARA AS CLASES DE DANZA CLÁSICA A TRAVÉS DE DIFERENTES EXERCICIOS PRÁCTICOS
[06/12/2010]
O programa formativo do Centro Coreográfico Galego (CCG) para 2010 chega ao seu fin este mes de decembro coa celebración dun taller de acompañamento musical impartido polo pianista Roberto Beceiro. Dirixido tanto a profesores de danza como a pianistas acompañantes, o obradoiro desenvolverase entre os días 13 e 17 na sede do CCG na Coruña.
[12/11/2010]
As compañías galegas Voadora e Quique Peón Cía. atópanse estes días en Madrid para presentar os seus últimos espectáculo, Super8 e Ovay (na imaxe), coproducidos respectivamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe da plataforma Voadora escenifícase na Sala Triángulo, onde mañá sábado terá ofrecido un total de tres funcións; mentres que Quique Peón foi seleccionado polo Festival Internacional Madrid en Danza para actuar, tamén mañá, no Centro Cultural Pilar Miró.
[08/11/2010] Un total de 11 alumnos asisten dende hoxe e ata o vindeiro venres día 12 ao Taller de Danza Tradicional Galega que, organizado polo Centro Coreográfico Galego (CCG), imparte o especialista Calixto Albán Laxe, autor de O saber do pobo. Enciclopedia do traxe, danza e música tradicional. As clases, especialmente dirixidas a profesionais da danza e das artes do movemento, céntranse no coñecemento do baile tradicional como expresión da cultura galega, ademais de abordar outros aspectos esenciais para a súa execución, como os traxes e as súas partes ou os diferentes tipos de música popular.
A FUNCIÓN SOCIAL DO BAILE E O TRABALLO INTERDISCIPLINAR DESTACAN ENTRE AS TEMÁTICAS DAS PROPOSTAS SELECCIONADAS, ÁS QUE SE DESTINA UN TOTAL DE 29.000 EUROS
[05/11/2010]
O Centro Coreográfico Galego resolveu a convocatoria do seu novo programa Proxectos de Investigación Coreográfica, a través do que destina un total de 29.000 euros ao desenvolvemento de oito iniciativas presentadas por outras tantas coreógrafas galegas. Ángela Blanco, Mónica García, Raquel González, Mª Dolores Fojón, Amparo Novas, Branca Novoneyra, Carlota Pérez e Lucía Piquero recibirán entre 2.000 e 5.800 euros para levar a cabo as súas propostas, entre as que a función social da danza e o traballo interdisciplinar como punto de partida da creación coreográfica destacan como principais pautas de traballo.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50