[21/10/2010]
O Teatro Municipal-Área Panorámica de Tui acolle este sábado día 23, ás 20.30 horas, a última produción do Centro Coreográfico Galego, Etheria, a viaxe soñada, espectáculo que combina danza, música en directo e videocreacións para achegarse ao mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.
[15/10/2010]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) convocou un novo programa de apoio á danza dirixido á promoción da investigación no ámbito da creación coreográfica. Con esta iniciativa, que reformula e substitúe o anterior plan de residencias artísticas, a unidade da Agadic abre unha vía adicional de asesoramento e apoio económico para os coreógrafos e coreógrafas que desenvolvan o seu traballo en Galicia.
[14/10/2010]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa en Pontevedra a xira do seu espectáculo Etheria, a viaxe soñada, que representa este sábado día 16, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura. Dirixida por Mercedes Suárez, esta cuarta produción da unidade de danza da Agadic amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.
[09/10/2010] As compañías BStudiodanza e Nabeirarrúa Danza contarán co apoio económico e a asistencia técnica e artística do Centro Coreográfico Galego (CCG) para desenvolver os seus próximos espectáculos, que foron seleccionados entre un total de 22 proxectos presentados á convocatoria de coproducións da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
[01/09/2010] O ciclo "Camiños en danza" do Centro Coreográfico Galego chega ao seu fin este mes de setembro con catro presentacións nas localidades lucenses de Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro, últimos destinos deste programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se vén desenvolvendo dende o pasado mes de xullo en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades emprazadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50