[05/11/2010]
O Centro Coreográfico Galego resolveu a convocatoria do seu novo programa Proxectos de Investigación Coreográfica, a través do que destina un total de 29.000 euros ao desenvolvemento de oito iniciativas presentadas por outras tantas coreógrafas galegas. Ángela Blanco, Mónica García, Raquel González, Mª Dolores Fojón, Amparo Novas, Branca Novoneyra, Carlota Pérez e Lucía Piquero recibirán entre 2.000 e 5.800 euros para levar a cabo as súas propostas, entre as que a función social da danza e o traballo interdisciplinar como punto de partida da creación coreográfica destacan como principais pautas de traballo.
[21/10/2010]
O Teatro Municipal-Área Panorámica de Tui acolle este sábado día 23, ás 20.30 horas, a última produción do Centro Coreográfico Galego, Etheria, a viaxe soñada, espectáculo que combina danza, música en directo e videocreacións para achegarse ao mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.
[15/10/2010]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) convocou un novo programa de apoio á danza dirixido á promoción da investigación no ámbito da creación coreográfica. Con esta iniciativa, que reformula e substitúe o anterior plan de residencias artísticas, a unidade da Agadic abre unha vía adicional de asesoramento e apoio económico para os coreógrafos e coreógrafas que desenvolvan o seu traballo en Galicia.
[14/10/2010]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa en Pontevedra a xira do seu espectáculo Etheria, a viaxe soñada, que representa este sábado día 16, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura. Dirixida por Mercedes Suárez, esta cuarta produción da unidade de danza da Agadic amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.
[09/10/2010] As compañías BStudiodanza e Nabeirarrúa Danza contarán co apoio económico e a asistencia técnica e artística do Centro Coreográfico Galego (CCG) para desenvolver os seus próximos espectáculos, que foron seleccionados entre un total de 22 proxectos presentados á convocatoria de coproducións da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51