AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Etheria, a viaxe soñada A MONTAXE, INSPIRADA NA VIAXE DA QUE PUIDO SER A PRIMEIRA PEREGRINA GALEGA, REPRESÉNTASE ESTE SÁBADO DÍA 16 ÁS 21.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA

O Centro Coreográfico leva a Pontevedra o espectáculo "Etheria, a viaxe soñada"

Documento anexo [14/10/2010] O Centro Coreográfico Galego (CCG) continúa en Pontevedra a xira do seu espectáculo Etheria, a viaxe soñada, que representa este sábado día 16, ás 21.00 horas, no Pazo da Cultura. Dirixida por Mercedes Suárez, esta cuarta produción da unidade de danza da Agadic amosa unha particular visión do mundo das peregrinacións a través da recreación da historia da muller que puido ser a primeira peregrina galega.

RECIBIRÁN O APOIO ECONÓMICO E A ASISTENCIA TÉCNICA E ARTÍSTICA DA UNIDADE DE DANZA DA AGADIC PARA DESENVOLVER OS SEUS PROXECTOS UN SHU E UNO, RESPECTIVAMENTE

O Centro Coreográfico Galego coproducirá os novos espectáculos de BStudio e Nabeirarrúa Danza

[09/10/2010] As compañías BStudiodanza e Nabeirarrúa Danza contarán co apoio económico e a asistencia técnica e artística do Centro Coreográfico Galego (CCG) para desenvolver os seus próximos espectáculos, que foron seleccionados entre un total de 22 proxectos presentados á convocatoria de coproducións da unidade de danza da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

"Camiños en danza" en Santiago de Compostela AS CITAS CELEBRARANSE MAÑÁ DÍA 2 EN PORTOMARÍN, O DÍA 4 EN SARRIA, O 7 EN TRIACASTELA E O 9 NO CEBREIRO

O ciclo "Camiños en danza" do Centro Coreográfico entra na recta final con catro actuacións en setembro

[01/09/2010] O ciclo "Camiños en danza" do Centro Coreográfico Galego chega ao seu fin este mes de setembro con catro presentacións nas localidades lucenses de Portomarín, Sarria, Triacastela e O Cebreiro, últimos destinos deste programa de difusión da danza actual galega mediante a escenificación de accións e improvisacións coreográficas a partir do espectáculo Etheria, a viaxe soñada. A Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e o Xacobeo 2010 colaboran nesta iniciativa que se vén desenvolvendo dende o pasado mes de xullo en emprazamentos ao aire libre e de tránsito público de localidades emprazadas nalgunha das rutas de peregrinación a Compostela.

Presentación de Mercedes Suárez como directora do CCG O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTA A MERCEDES SUÁREZ COMO NOVA DIRECTORA DO CCG, QUE BUSCA ESTENDER O SEU TRABALLO AOS DIFERENTES XÉNEROS NO ÁMBITO DA DANZA

O Centro Coreográfico Galego inicia unha nova etapa apostando pola distribución continuada e o apoio á formación

[24/08/2010] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe a Mercedes Suárez como nova directora do Centro Coreográfico Galego (CCG), entidade que inicia unha nova etapa buscando estender a súa actividade aos diferentes xéneros dentro da danza, así como unha maior proxección exterior do seu traballo e o reforzo do ámbito formativo. Neste acto avanzáronse, asemade, as que serán as principais liñas de traballo da coreógrafa coruñesa á fronte desta unidade integrada na estrutura da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).

Mercedes Suárez A COREÓGRAFA, BAILARINA E DIRECTORA FOI SELECCIONADA Á VISTA DA SÓLIDA FORMACIÓN E AMPLA EXPERIENCIA QUE ACREDITA, TRAS UNHA EXHAUSTIVA ANÁLISE DE TODOS ASPIRANTES

O Consello de Dirección da Agadic nomea a Mercedes Suárez nova directora do Centro Coreográfico Galego

[05/08/2010] O Consello de Dirección da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) resolveu o nomeamento da coreógrafa e directora Mercedes Suárez como nova directora do Centro Coreográfico Galego (CCG). Na reunión, que se desenvolveu na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Turismo baixo a presidencia do conselleiro, Roberto Varela, acordouse a designación de Mercedes Suárez á vista da sólida formación e ampla experiencia acreditadas por esta coreógrafa, bailarina e directora.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51

<< 2024 >>
<< xullo >>
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31        

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais