[10/08/2017] O Centro Coreográfico Galego (CCG) retomará a súa actividade formativa en setembro con dous cursos de danza contemporánea e moderna impartidos polos bailaríns coruñeses Bárbara Monteagudo e Fernando Lázaro (na imaxe) do 4 ao 8 e do 15 ao 17, respectivamente.
[02/05/2017]
O Centro Coreográfico Galego desenvolverá na súa sede da Coruña ata finais de xullo cinco cursos teóricos e prácticos sobre repertorio, danza clásica e contemporánea, para os que se conta con destacados profesionais do sector a nivel estatal. Ana Abad Carlés, Beatriz Pérez, Kirenia C. Martínez, Ramón Oller, Ricardo Franco, Marisa Mateo Esclapes e Tino Morán conforman o corpo docente destes encontros, dirixidos a bailaríns e bailarinas profesionais, profesorado e estudantes de danza de nivel medio-alto.
[09/03/2017] O Centro Coreográfico Galego abre o seu programa formativo de 2017 co curso de danza clásica que impartirá na súa sede da Coruña o bailarín Óscar Torrado do 10 ao 14 de abril. Dirixido a bailaríns e bailarinas profesionais, profesorado e estudantes de danza de nivel medio-alto, o encontro dispón de prazas limitadas e tamén ofrece a posibilidade de asistencia como oínte.
[30/11/2016]
O Salón Teatro acolle esta semana o remate da xira de 2016 de ‘As catro estacións’, espectáculo do Centro Coreográfico Galego (CCG) que ofrecerá as súas tres últimas funcións neste espazo compostelán mañá xoves 1, o venres 2 e o sábado 3 de decembro, ás 20.30 horas.
[24/11/2016]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) entra na recta final da xira que está a levar a cabo en 2016 con ‘As catro estacións’, a súa última produción propia, que representará este sábado 26, ás 21.00 horas, no Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra. A través das coreografías creadas especificamente por Iker Gómez e Kenneth Tindall, neste espectáculo a compañía pública achégalle ao público a súa recreación en clave contemporánea da famosa composición clásica de Antonio Vivaldi.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50