AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Ovay A MONTAXE QUE FORA ESTREADA EN GALICIA EN 2009 VIAXARÁ AO REINO HACHEMITA MEDIANTE UN ACORDO ACADADO CO INSTITUTO CERVANTES

"Ovay", coprodución de Quique Peón e o CCG, representarase en tres escenarios de Xordania

Documento anexo [27/04/2010] Ovay, o espectáculo coproducido en 2009 como debut da compañía de danza Quique Peón e realizado en coprodución co Centro Coreográfico Galego, levará a cabo unha serie de representacións a principios de maio en Xordania, en virtude dun acordo acadado co Instituto Cervantes e os seus centros asociados no reino hachemita. Desenvolveranse en total 3 funcións, que terán lugar o día 3 no Free Theatre Festival de Amman, o 5 no Centro Cultural Rey Abdullah II de Zarqa e o 6 de maio tamén en Amman, pero desta volta no Gran Teatro da Universidade da capital xordana.

O RELATORIO, DE ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR O AFORO, TERÁ LUGAR MAÑÁ DÍA 22 ÁS 19.30 H

O CCG organiza no Salón Teatro unha conferencia sobre lectura e danza a cargo de María Dolores Fojón

[21/04/2010] A mestra e coreógrafa María Dolores Fojón impartirá mañá xoves 22 ás 19.30 horas no Salón Teatro de Santiago a conferencia "A lectura e a danza", que organiza o Centro Coreográfico Galego (CCG) como xeito de conxugar as celebracións este mes dos días internacionais do libro (23 de abril) e da danza (29 de abril). De entrada libre ata completar o aforo, o relatorio ofrecerá un percorrido pola historia da danza a través da visión que das artes do movemento e da súa evolución ofreceron pensadores e escritores de todos os tempos.

RECIBÍRONSE MÁIS DE 140 SOLICITUDES PARA PARTICIPAR NO PROCESO DE SELECCIÓN DO CORPO DE BAILE DA PRODUCIÓN "ETHERIA. A VIAXE SOÑADA", QUE DIRIXIRÁ MERCEDES SUÁREZ

As audicións para o novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego congregarán un total de 72 bailaríns e bailarinas de sete países

Documento anexo [26/03/2010] Un total de 72 bailaríns e bailarinas procedentes de diferentes países de Europa e América participarán dende o vindeiro luns 29 de marzo nas audicións que o Centro Coreográfico Galego desenvolverá na sede do Complexo Deportivo de Elviña da Coruña para seleccionar as 12 prazas do corpo de baile do seu próximo espectáculo, Etheria. A viaxe soñada, baixo a dirección da coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez.

SEGUNDO A CONVOCATORIA PUBLICADA NA WEB DA AGADIC, AS AUDICIÓNS CELEBRARANSE OS DÍAS 29 E 30 DE MARZO NO COMPLEXO DEPORTIVO DE ELVIÑA NA CORUÑA

O Centro Coreográfico Galego abre o proceso de selección de 12 bailaríns e bailarinas para "Etheria"

[25/02/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) acaba de convocar o proceso de selección dun total de 12 bailaríns e bailarinas para a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Etheria. A viaxe soñada, baixo a dirección da coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez. Segundo as bases publicadas onte na web da AGADIC, os interesados en participar nas audicións que se celebrarán na Coruña os días 29 e 30 de marzo teñen de prazo ata o vindeiro día 13 para remitir as súas solicitudes.

Mercédes Suárez LEVARÁ POR TÍTULO "ETHERIA. A VIAXE SOÑADA" E EVOCARÁ O PERIPLO DA PROTAGONISTA DESDE XERUSALÉN ATÉ COMPOSTELA A TRAVÉS DE DANZA, IMAXE E MÚSICA

Mercedes Suárez dirixirá o próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego

Documento anexo [19/02/2010] A coreógrafa coruñesa Mercedes Suárez Rodríguez, fundadora da compañía Druída Danza, dirixirá o próximo espectáculo do Centro Coreográfico Galego (CCG) a petición da dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais). A nova produción, que levará por título Etheria. A viaxe soñada, evocará por medio da danza, a música e a imaxe o periplo da protagonista, unha relixiosa galega no século IV, na súa peregrinación de retorno desde Xerusalén até Compostela.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51

<< 2023 >>
<< setembro >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais