AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

A PRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O XOVES DÍA 30, ÁS 16.00 H., NA AULA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO NA CORUÑA

A sede do CCG acolle una mostra pública da peza de investigación coreográfica "Kyra", de Kirenia Martínez

Documento anexo [27/07/2009] A sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña (Complexo Deportivo de Elviña) acollerá o vindeiro xoves 30 de xullo, ás 16.00 horas, unha mostra aberta ao público da peza de investigación coreográfica Kyra, realizada por Kirenia Martínez co apoio e produción do CCG. Trala presentación, abrirase un debate entre a artista e os asistentes.

La 8 AS BAILARINAS E BAILARÍNS DO CCG E AS PANDERETEIRAS DE XACARANDAINA INTERPRETAN ESTE TRABALLO, RESULTADO DA INVESTIGACIÓN COREOGRÁFICA DIRIXIDA POR ERICK JIMÉNEZ

O Centro Coreográfico presenta a peza "La 8" o 26 de xullo nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña

Documento anexo [24/07/2009] Os xardíns de Méndez Núñez da Coruña serán o escenario o vindeiro domingo 26 de xullo, a partir das 19.30 horas, da posta en escena da peza La 8, resultado da investigación que o bailarín e coreógrafo Erick Jiménez ideou e dirixiu para o Centro Coreográfico Galego. Trece bailarinas e bailaríns e as pandereteiras de Xacarandaina interpretan este traballo, que se exhibirá nas inmediacións do Kiosco Alfonso en colaboración co Concello da Coruña.
La 8 en YouTube.

HABERÁ UNHA EXHIBICIÓN E UN COLOQUIO PARA OS PROFESIONAIS DA DANZA

Mercé de Rande amosa na Sala Ensalle de Vigo a súa residencia para o CCG "Mar, Fento e Cemento"

Documento anexo [09/07/2009] A bailarina e coreógrafa galega Mercé de Rande amosará mañá en Vigo diante doutros profesionais da danza o proxecto titulado Mar, Fento e Cemento , realizado como artista residente do Centro Coreográfico Galego (CCG). A presentación, que se desenvolverá na Sala Ensalle a partir das 18:00 horas, consistirá na exhibición do proceso creativo realizado e nun coloquio posterior entre a artista e o público asistente.

A PEZA É O RESULTADO DUNHA INVESTIGACIÓN COREOGRÁFICA DIRIXIDA POR ERICK JIMÉNEZ

O CCG participa no Festival Empape 2009 con La 8

[03/07/2009] Este sábado 4 de xullo dentro da programación do Festival Empape 2009 poderá verse a peza La 8, resultado dunha investigación coreográfica dirixida por Erick Jiménez e apoiada polo Centro Coreográfico Galego. A cita será ás 20.00 horas nos arredores da Torre de Hércules.

Pincha aquí para ver máis información.

A NAVE DA AGADIC EN COSTAVELLA ACOLLE A PRESENTACIÓN E UN COLOQUIO SOBRE A PEZA

David Loira amosa "Macho", a súa creación como artista residente do Centro Coreográfico Galego

Documento anexo [30/06/2009] O bailarín e creador David Loira, artista en residencia do Centro Coreográfico Galego co proxecto Macho , amosará o xoves 2 de xullo diante do público o resultado do proceso creativo desta peza nunha sesión que se desenvolverá na nave industrial da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) no compostelán Polígono de Costavella. Ao remate da mostra de Macho abrirase un coloquio entre o artista e os espectadores para debullar os distintos elementos desta proposta.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51

<< 2023 >>
<< setembro >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais