[05/05/2009]
O venres 8 de maio ás 13.00 horas terá lugar na Fábrica de Oleiros
[30/04/2009]
Este sábado 2 de maio ás 17.30 h, dentro do programa de Rede Dança 09, presentarase no Jardim de Inverno do Teatro S. Luiz de Lisboa o primeiro número da colección Corpo de Letra, O esgotamento da danza: letra e pensamento de André Lepecki. Na presentación intervirán o autor da obra, a xornalista portuguesa especializada en danza Claudia Galhós e a directora do Centro Coreográfico Galego
[30/04/2009]
O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o domingo 3 de maio, ás 20.00 horas, a posta en escena da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. Con esta representación clausúrase, ademais, a sétima edición do Festival Primavera en Danza que, organizado polo Concello de Carballo, ofrece dende o pasado día 23 un cartel no que se combina a exhibición de espectáculos con diferentes actividades dirixidas ao público xeral, como charlas, talleres ou encontros cos artistas.
[28/04/2009] A coreógrafa e bailarina Laura Lizcano, artista residente do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto Assemblage, ofrecerá o vindeiro xoves día 30 en Santiago o resultado deste proceso creativo no marco dun encontro aberto aos profesionais e público interesados que terá lugar a partir das 17.00 horas na nave da AGADIC (Polígono Costavella. Rúa Polonia, nº 30). Trala interpretación da peza, abrirase un coloquio entre os artistas e os espectadores para debullar os distintos elementos que dan forma a este traballo multidisciplinar.
[27/04/2009]
O Teatro Principal de Ourense acollerá o mércores 29 e o xoves 30 de abril, ás 20.30 horas, senllas funcións da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. A unidade de danza da Consellería de Cultura chegará a Ourense procedente de Xordania, onde hoxe presenta a súa nova produción no prestixioso festival de danza Zakharef in Motion que se está a celebrar en Amán e no que participa xunto a compañías de gran relevancia internacional, como Sidi Larbi Sherkaoui & Damien Jalet de Bélxica ou City Dance Ensemble de Washington.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48