AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

O ESGOTAMENTO DA DANZA DE ANDRÉ LEPECKI

Presentación en Lisboa do primeiro número da colección Corpo de Letra

[30/04/2009] Este sábado 2 de maio ás 17.30 h, dentro do programa de Rede Dança 09, presentarase no Jardim de Inverno do Teatro S. Luiz de Lisboa o primeiro número da colección Corpo de Letra, O esgotamento da danza: letra e pensamento de André Lepecki. Na presentación intervirán o autor da obra, a xornalista portuguesa especializada en danza Claudia Galhós e a directora do Centro Coreográfico Galego Natalia Balseiro. A presentación do libro terá lugar despois da exposición pública dos resultados deste encontro entre profesionais do mundo da danza e outras artes do movemento.

Giseliña A PEZA, CREADA E DIRIXIDA POLO COREÓGRAFO CATALÁN CISCO AZNAR, REPRESÉNTASE NO PAZO DA CULTURA O DOMINGO 3 DE MAIO ÁS 20.00 HORAS

O Centro Coreográfico Galego clausura o Festival Primavera en Danza de Carballo con "Giseliña"

Documento anexo [30/04/2009] O Pazo da Cultura de Carballo acollerá o domingo 3 de maio, ás 20.00 horas, a posta en escena da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. Con esta representación clausúrase, ademais, a sétima edición do Festival Primavera en Danza que, organizado polo Concello de Carballo, ofrece dende o pasado día 23 un cartel no que se combina a exhibición de espectáculos con diferentes actividades dirixidas ao público xeral, como charlas, talleres ou encontros cos artistas.

ESTA É A PRIMEIRA DAS MOSTRAS PÚBLICAS DOS 14 PROXECTOS APOIADOS ESTE ANO POLO CCG E O CDG A TRAVÉS DO PROGRAMA ARTISTAS EN RESIDENCIA

Laura Lizcano presenta a peza "Assemblage" como resultado da súa residencia artística no CCG

[28/04/2009] A coreógrafa e bailarina Laura Lizcano, artista residente do Centro Coreográfico Galego (CCG) co proxecto Assemblage, ofrecerá o vindeiro xoves día 30 en Santiago o resultado deste proceso creativo no marco dun encontro aberto aos profesionais e público interesados que terá lugar a partir das 17.00 horas na nave da AGADIC (Polígono Costavella. Rúa Polonia, nº 30). Trala interpretación da peza, abrirase un coloquio entre os artistas e os espectadores para debullar os distintos elementos que dan forma a este traballo multidisciplinar.

Giseliña A PEZA VOLVE A GALICIA TRALA SÚA PRESENTACIÓN HOXE NO PRESTIXIOSO FESTIVAL "ZAKHAREF IN MOTION" DE AMÁN (XORDANIA)

O Centro Coreográfico Galego escenifica "Giseliña" os días 29 e 30 de abril no Teatro Principal de Ourense

Documento anexo [27/04/2009] O Teatro Principal de Ourense acollerá o mércores 29 e o xoves 30 de abril, ás 20.30 horas, senllas funcións da última proposta do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida polo coreógrafo catalán Cisco Aznar. A unidade de danza da Consellería de Cultura chegará a Ourense procedente de Xordania, onde hoxe presenta a súa nova produción no prestixioso festival de danza Zakharef in Motion que se está a celebrar en Amán e no que participa xunto a compañías de gran relevancia internacional, como Sidi Larbi Sherkaoui & Damien Jalet de Bélxica ou City Dance Ensemble de Washington.

A PEZA PRESENTARASE NO TEATRO AL HUSSEIN DE AMANN ÁS 19.30 H

O Centro Coreográfico Galego leva a Xordania Giseliña de Cisco Aznar

[27/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta hoxe ás 19.30 horas Giseliña no Teatro Al Hussein de Amann (Xordania). Esta función está dentro da programación do prestixioso festival de danza Zakharef in Motion, no que participan compañías de gran relevancia internacional como Sidi Larbi Sherkaoui & Damien Jalet de Bélxica ou City Dance Ensemble de Washington.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51

<< 2023 >>
<< setembro >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais