[16/04/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais foi seleccionada para participar en dous proxectos internacionais de promoción da danza e do circo -a rede de danza DÉPARTS e a iniciativa Xóvenes Talentos do Circo Europeo- financiados cun total de 2.625.043 euros a través do Programa Cultura 2007-2013 da Comisión Europea. O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o Centro Dramático Galego (CDG) son, respectivamente, as unidades encargadas de xestionar a colaboración da nosa Comunidade en ambas iniciativas transfronteirizas.
DESPOIS DE ACADAR UN GRANDE ÉXITO DE CRÍTICA E PÚBLICO NO TEATRO LA LABORAL DE XIXÓN GISELIÑA CHEGA A MURCIA
[16/04/2009]
Despois da súa boa acollida no Teatro La Laboral de Xixón, onde Giseliña acadou un grande éxito de crítica e público, o Centro Coreográfico Galego (CCG) presenta a súa última produción no Teatro Párraga de Murcia. As funcións terán lugar o venres 17 e o sábado 18 ás 21.00 horas, a xira continuará nos meses de abril e maio visitando Pontevedra, Xordania, Ourense, Carballo, Ferrol, Badalona e Tui.
Pincha nos seguintes enlaces para ver as críticas de Giseliña en Xixón:
Crítica publicada en La Nueva España
Crítica publicada en El Comercio
[08/04/2009] O Centro Coreográfico Galego (CCG) congregou un total de 14.749 persoas nas máis de 290 accións artísticas e formativas que organizou durante a pasada temporada, segundo se recolle no Informe de actividade 07-08 que acaba de publicar a unidade de danza da AGADIC. Neste período, o CCG produciu e exhibiu a peza Kiosco das almas perdidas, desenvolveu tres coproducións, apoiou oito proxectos a través do programa Artistas en Residencia e promoveu 233 accións formativas para público e profesionais.
POSTA EN MARCHA XUNTO COA UNIVERSIDADE DE ALCALÁ E O MERCAT DE LES FLORS, CONSTARÁ DE 10 VOLUMES CON VERSIÓNS EN GALEGO, CATALÁN E CASTELÁN[31/03/2009] O Centro Coreográfico Galego, a Universidade de Alcalá (Madrid) e o Mercat de les Flors (Barcelona) acaban de poñer en marcha Corpo de letra: danza e pensamento, unha colección editorial pioneira no ámbito da teoría da danza contemporánea que se inaugura coa publicación de O esgotamento da danza. Performance e a política do movemento, do antropólogo e dramaturgo de orixe brasileira André Lepecki.
[27/03/2009] Giseliña, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que conta co patrocinio da Fundación Cidade da Cultura, asinada por Cisco Aznar, obtivo un importante éxito de público nas dúas funcións que ofreceu esta semana nas cidades marroquís de Rabat e Tetuán, rexistrando en ambos casos unha ocupación do 80 por cento do aforo. A través dun acordo co Instituto Cervantes, a entidade da Consellaría de Cultura actuou onte no Teatro Español de Tetuán, un dos máis importantes da cidade, e o pasado martes na capital de Marrocos no marco da 1ª Bienal de Teatro Internacional, na que están a participar compañías de Francia, Suíza, España, Italia, Alxeria, Tunisia, Arabia Saudí, Palestina, Xeorxia e Turquía.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50