[15/09/2008]
O coreógrafo e bailarín Gustavo Ramírez imparte do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de setembro un curso de danza contemporánea na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) no que participan profesionais e estudantes da danza e outras artes do movemento, que se dan cita na Coruña coa finalidade de traballar nocións de técnica, repertorio e composición.
[10/09/2008]
A compañía Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellaría de Cultura e Deporte estrean Tradicción o vindeiro venres 12 de setembro, ás 21.00 h., no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A montaxe, que estará no mesmo escenario tamén o sábado 13, conta coa colaboración do Concello da Coruña e pertence ao programa de coprodución 2008 a través do que o CCG apoia proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e privadas.
[08/09/2008]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellaría de Cultura e Deporte inicia hoxe en Santiago de Compostela o seu Plan de Formación para a temporada 2008-2009. En total son oito os cursos, dirixidos tanto ao público xeral como aos profesionais da danza e outras artes do movemento, que se realizarán de setembro de 2008 a abril de 2009 en Santiago e na Coruña. A oferta ábrese cun curso de produción que imparte Monserrat Prat, e que se desenvolve na Arteria Noroeste de Santiago até o vindeiro 12 de setembro.
[03/09/2008]
O Centro Torrente Ballester de Ferrol acolle durante o mes de setembro tres das sete residencias artísticas apoiadas este ano polo Centro Coreográfico Galego (CCG) no marco das que os creadores Rosa Casado, Félix Fernández, e Estela Lloves e Tania Arias traballarán no desenvolvemento dos seus respectivos proxectos escénicos: Some things happen all at once, Subidón, saldos de un bazar familiar, e Alicia en Grusia Proyect.
[25/08/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) acaba de publicar o segundo volume da súa colección editorial Bitácora que, baixo o título Kiosco das almas perdidas, ofrece un percorrido eminentemente gráfico polos momentos claves na produción deste espectáculo, que a entidade da Consellaría de Cultura presentou no primeiro semestre deste ano no marco da súa segunda temporada de existencia.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51