[09/07/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) chega este venres día 11 a Carballo coa súa última produción, Kiosco das almas perdidas, da que ofrecerá unha función de entrada libre a partir das 22.30 horas na praza do Concello. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, entra así na recta final dunha extensa xira dentro e fóra de Galicia, que pechará este mes coas súas presentacións no Mercat de les Flor de Barcelona (días 19 e 20), dentro da programación do Festival Grec, e na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (día 25).
[09/06/2008]
A illa de San Simón, na ría de Vigo, concentrará gran parte do intenso programa do Mov-s Galicia 2008, que terá lugar do 15 ao 18 de xuño e ao que asistirán máis de 200 persoas. O Centro Coreográfico Galego (CCG) colabora co Mercat de les Flors de Barcelona na organización da segunda edición deste "espazo para o intercambio internacional da danza e as artes do movemento", que nesta ocasión ten como temática central as condicións para a creación coreográfica.
[04/06/2008] A primeira edición do Festival EMPAPE celébrase en A Coruña do 4 ao 6 de xullo, aínda que as actividades paralelas comezan o martes 1. Esta iniciativa organizada pola compañía Entremans e Artestudio e co que colabora o Centro Coreográfico Galego créase para impulsar o desenvolvemento cultural de A Coruña, co obxectivo de converterse nun punto de encontro e de intercambio entre artistas e espectadores.
A PEZA PODERÁ VERSE VENRES DÍA 6 E SÁBADO 7 NO TEATRO PRINCIPAL[04/06/2008] A peza do Centro Coreográfico Galego Kiosco das almas perdidas chega esta fin de semana ao Teatro Principal de Ourense, o venres 6 ás 21.00 horas e o sábado 7 ás 20.00 horas. Esta montaxe dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván conta co traballo de Mercedes Peón, galardoada o pasado sábado co Premio Nacional da Cultura Galega na categoría de Música. A artista galega é a autora do espazo sonoro e interpreta en directo (vocal e instrumentalmente) a música desta produción.
50 PROFESIONAIS DE 11 PAISES SOMÉTENSE ESTA SEMANA ÁS AUDICIÓNS PARA A ESCOLLA DOS 13 BAILARINS DA PEZA, QUE LEVARÁ POR TITULO GISELIÑA[03/06/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) traballa xa na que será a súa produción para a temporada 2008-2009, Giseliña, unha versión libre de Giselle que dirixirá o coreógrafo Cisco Aznar. O proceso de preprodución para a nova montaxe comezou xa o pasado 2 de xuño coas audicións que se desenvolverán durante toda a semana na sede do CCG, na Coruña, e das que sairá a selección dos 13 bailarins e bailarinas que compoñerán o elenco.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50