[22/05/2008] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza este sábado 24 de maio no Fórum Metropolitano da Coruña a xornada "Ferramentas para programar a danza", especialmente dirixida a programadores e xestores culturais co obxectivo de ofrecerlles, de xeito creativo e ameno, pautas para acadar un maior coñecemento dos códigos e linguaxes que emprega a danza contemporánea, contribuíndo así a difusión desta arte a públicos diversos.
[15/05/2008]
O Teatro Zorrilla de Badalona acollerá este sábado 16 de maio, ás 21.00 horas, a posta en escena da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Giseliña, creada e dirixida por Cisco Aznar. A peza está xerando gran expectación entre o público badalonés, de xeito que xa están practicamente esgotadas as localidades dispoñibles para a venda anticipada. Por este motivo, o mesmo sábado 16 ás 18.00 horas realizarase unha función especial para alumnos de diversas escolas de danza.
[15/05/2008]
Do 15 ao 18 de xuño de 2008 terá lugar na Illa de San Simon (Ria de Vigo) o Mov-s Galicia 2008, unha colaboración entre o Centro Coreográfico Galego e o Mercat de les Flors. O tema que se propón para esta edición e arredor do que xirarán as diferentes actividades é: ‘As condicións para a creación coreográfica’.
Se queres inscribirte podes facelo a través da web:
www.mov-s.org
Para unha información máis detallada pincha aquí.
[12/05/2008] O Centro Coreográfico Galego está levando a cabo, de xeito paralelo á xira da súa última produción ‘Kiosco das almas perdidas’, unha serie de accións formativas encamiñadas a achegar a danza contemporánea ao público, en concreto as linguaxes escénicas presentes en ‘Kiosco das almas perdidas’.
[29/04/2008]
Tralo seu exitoso paso polo Teatro Central de Sevilla, a última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Kiosco das almas perdidas, chega a Tui. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, estará no Teatro Municipal Área Panorámica o mércores 30 de abril ás 21.00 horas. Despois continuará unha xira por toda a xeografía galega e por espazos das artes escénicas tan relevantes coma o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro da programación do Festival Grec.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50