[27/03/2008]
Despois da súa estadía en Laboral Escena de Xixón, a última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Kiosco das almas perdidas, chega ao Auditorio de Galicia. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, permanecerá no espazo compostelán o sábado 29 e o domingo 30 ás 21.00 horas, dentro do ciclo SCQ Danza que organiza a Concellaría de Cultura de Santiago.
[24/03/2008]
Entre os días 15 e 18 de xuño o Mercat de les Flors e o Centro Coreográfico Galego presentan unha nova edición do mov-s, Espazo para o Intercambio Internacional da Danza e as Artes do Movemento que se celebrará na paradisíaca Illa de San Simón, no mesmo centro da Ría de Vigo.
[18/03/2008]
Kiosco das almas perdidas, a nova produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), continúa a súa xira coas dúas funcións que ofrecerá os días 20 e 21 de marzo, ás 20.30 horas, no Laboral Escena de Xixón, espazo que coproduce a peza. Dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, a montaxe exhibirase até o mes de xullo en diferentes localidades galegas, así como noutros relevantes escenarios fóra de Galiza, como o Teatro Central de Sevilla ou o Mercat de les Flors de Barcelona, no marco do Festival Grec.
[12/03/2008]
A nova produción do Centro Coreográfico Galego, Kiosco das almas perdidas, continúa a súa xira en Pontevedra, onde será representada no Pazo da Cultura da cidade o vindeiro venres 14 de marzo, ás 21.00 h, e o sábado 15, no Auditorio de Vilagarcía á mesma hora. Dirixida polo coreógrafo catalán Roberto Oliván e con música en directo de Mercedes Peón, a peza exhibirase até o mes de xullo en diferentes escenarios galegos e en espazos escénicos tan relevantes coma o Teatro Central de Sevilla, Laboral Escena de Xixón ou o Mercat de les Flors de Barcelona, dentro do Festival Grec.
[05/03/2008]
Trala súa estrea na Coruña, a última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG), Kiosco das almas perdidas, chega ao Centro Cultural Caixanova de Vigo, cidade onde se sitúa o local que inspirou ao seu creador, Roberto Oliván. Esta peza, dirixida polo coreógrafo catalán e con música en directo de Mercedes Peón, representarase no teatro vigués o venres 7 e o sábado 8 de marzo ás 20.30 horas.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50