AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Claudia Galhós CELÉBRANSE OS DÍAS 2 E 3 DE XUÑO, EN HORARIO DE TARDE, NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O CCG organiza dous encontros coa crítica portuguesa Claudia Galhós

Documento anexo [01/06/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza esta fin de semana dous encontros con Claudia Galhós, ensaísta e critica portuguesa especializada en danza, que terán lugar no Salón Teatro de Santiago mañá sábado, de 17.00 a 20.00 horas, e o domingo día 3, de 16.00 a 18.00 horas. Ambas sesións serán de entrada libre.

Ensaio de 30.000 O SALÓN TEATRO ACOLLE A ESTREA O 2 DE XUÑO

Pisando Ovos presenta "30.000" en coprodución co Centro Coreográfico

[31/05/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 2 de xuño ás 20.30 horas e domingo 3 ás 18.00 horas) a estrea do espectáculo 30.000, a cargo da compañía Pisando Ovos en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza do IGAEM. A peza, interpretada por David Loira e Rut Balbís con dirección artística de Damián Muñoz, propón, por medio da nova danza contemporánea galega, unha reflexión sobre o papel do diñeiro na sociedade actual.

Imaxe do espectáculo A PEZA ACHEGA UNHA VISIÓN DAS ARTES PLÁSTICAS NUN XOGO DE FORMAS E CORES

ExperimentaDanza estrea "Arte a escena", primeira coprodución do CCG

[18/05/2007] A compañía coruñesa ExperimentaDanza estrea mañá no Salón Teatro de Santiago Arte a escena , unha proposta coreográfica para todos os públicos que ve a luz como primeiro espectáculo que se realiza en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), da Consellaría de Cultura e Deporte. A peza, un xogo escénico que utiliza as formas e as cores primarias para achegar unha visión das artes plásticas a través da danza, representarase no espazo compostelán mañá sábado ás 20:30 horas e o domingo ás 18:00 horas.

Imaxe "Arteaesena" A PEZA QUE DIRIXE CARLOTA PÉREZ ESTRÉASE O 19 DE MAIO NO SALÓN TEATRO

ExperimentaDanza con "Arte a escena" inaugura o plan de coproducións do CCG

[14/05/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de produción artística do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), da Consellaría de Cultura e Deporte, inaugura o seu plan de coproducións co espectáculo Arte a escena da compañía galega ExperimentaDanza, unha proposta coreográfica para todos os públicos que se estrea o vindeiro sábado 19 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A peza marca o fito de ser a primeira do ámbito da danza en Galiza que se realiza en réxime de coprodución pública, o que supón a apertura dunha nova vía de cooperación cos creadores desta disciplina artística.

Foto Janusz TERÁ LUGAR DO 4 AO 15 DE XUÑO

O CCG organiza un taller a cargo de Janusz Subicz, discípulo de Pina Bausch

Documento anexo [03/05/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza un taller de improvisación e composición coreográfica que impartirá no mes de xuño na Coruña o bailarín e profesor de orixe polaca Janusz Subicz, discípulo da mítica coreógrafa alemana Pina Bausch. A iniciativa, que se programa como parte das actividades formativas do CCG especialmente dirixidas aos profesionais da danza galegos, ofrece un total de 20 prazas para profesionais de nivel avanzado, galegos e de fóra de Galiza, nas que os interesados poden inscribirse até o 18 de maio.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51

<< 2023 >>
<< setembro >>
        1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 29 30  

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais