[14/05/2007] O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de produción artística do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais), da Consellaría de Cultura e Deporte, inaugura o seu plan de coproducións co espectáculo Arte a escena da compañía galega ExperimentaDanza, unha proposta coreográfica para todos os públicos que se estrea o vindeiro sábado 19 de maio no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A peza marca o fito de ser a primeira do ámbito da danza en Galiza que se realiza en réxime de coprodución pública, o que supón a apertura dunha nova vía de cooperación cos creadores desta disciplina artística.
[03/05/2007]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) organiza un taller de improvisación e composición coreográfica que impartirá no mes de xuño na Coruña o bailarín e profesor de orixe polaca Janusz Subicz, discípulo da mítica coreógrafa alemana Pina Bausch. A iniciativa, que se programa como parte das actividades formativas do CCG especialmente dirixidas aos profesionais da danza galegos, ofrece un total de 20 prazas para profesionais de nivel avanzado, galegos e de fóra de Galiza, nas que os interesados poden inscribirse até o 18 de maio.
[12/04/2007] Vacuo, a peza inaugural do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada e dirixida por Maruxa Salas, representarase dentro dos programas artísticos dos festivais Mov-s de Barcelona, onde se exhibirá mañá 13 de abril no Sant Andreu Teatre; e de Dansa València, que acollerá o espectáculo o luns día 30 na sala L’Altre Espai. A primeira coreografía da nova unidade de produción de danza da Consellaría de Cultura e Deporte amosarase deste xeito ante o público de dúas das citas máis importantes no ámbito da danza; e completa así o período de distribución que está a levar, cun grande éxito de público, por distintas localidades galegas.
A PEZA DE MARUXA SALAS MUSICADA POR BERROGÜETTO EXHÍBESE EN COMPOSTELA DO 11 AO 14 DE XANEIRO
[10/01/2007]
O Salón Teatro de Santiago acolle do 11 ao 14 de xaneiro catro representacións de Vacuo, a peza que Maruxa Salas deseñou para a inauguración do Centro Coreográfico Galego (CCG), que chega a Compostela trala súa estrea o pasado 6 de xaneiro na Coruña como primeira proposta artística da nova unidade de danza dependente da Consellería de Cultura e Deporte ao través do IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais).
[04/01/2007]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) sube por vez primeira aos escenarios con Vacuo, produción propia coa que debuta os días 6 e 7 de xaneiro no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Coa posta en escena desta peza, asinada pola coreógrafa ourensá Maruxa Salas, culminan catro intensos meses de creación e ensaios durante os que o seu equipo artístico deu forma a unha obra interdisciplinar que constitúe a carta de presentación ante o público da nova unidade de danza do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), organismo adscrito á Consellería de Cultura e Deporte.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51