[07/04/2016]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) e coa compañía galega BalletNorte para a posta en escena durante esta semana na Coruña do ballet ‘Don Quixote’ coa participación de alumnos e alumnas de cinco centros galegos de ensino de danza. O Pazo da Ópera acollerá mañá venres día 8 (20.00 horas) e o sábado 9 (18.00 h) dúas representacións para público xeral da versión desta obra coreográfica de Marius Petipa con música de Ludwig Minkus, baseada no capítulo décimo noveno do segundo libro de ‘El ingenioso hidalgo Don Quijote de La Mancha’, de Miguel de Cervantes. As localidades para asistir ao espectáculo están á venda en liña en entradas.abanca.es cos prezos de 5 euros para adultos e de 3 euros para rapaces.
[21/03/2016] Os mestres cubanos Marta García e Orlando Salgado imparten desde hoxe na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un curso de danza clásica e repertorio do ballet ‘Don Quixote’, ao que asiste unha trintena de alumnos e para o que se esgotaron todas as prazas ofertadas.
[26/11/2015] O Centro Coreográfico Galego pechará o programa formativo que está a desenvolver na súa sede da Coruña durante este ano 2015 cunha oferta de catro novos cursos de danza clásica. Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres, de carácter gratuíto, que se desenvolverán en diferentes datas ata o 18 de decembro.
[20/10/2015] A compañía galega de danza BalletNorte presenta o espectáculo 'Atlántica' mañá mércores 21 e o xoves 22, os dous días ás 20:30 horas, no Salón Teatro de Santiago. A montaxe, realizada en coprodución co Centro Coreográfico e con dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, rende unha homenaxe aos autores do Rexurdimento por medio da danza.
[14/10/2015]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera. O prazo de inscrición para participar neste novo encontro formativo, dirixido a bailaríns e bailarinas e estudantes de danza de nivel medio e avanzado, está aberto ata o vindeiro 13 de novembro.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48