[21/03/2016] Os mestres cubanos Marta García e Orlando Salgado imparten desde hoxe na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un curso de danza clásica e repertorio do ballet ‘Don Quixote’, ao que asiste unha trintena de alumnos e para o que se esgotaron todas as prazas ofertadas.
[26/11/2015] O Centro Coreográfico Galego pechará o programa formativo que está a desenvolver na súa sede da Coruña durante este ano 2015 cunha oferta de catro novos cursos de danza clásica. Os bailaríns Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández impartirán estes talleres, de carácter gratuíto, que se desenvolverán en diferentes datas ata o 18 de decembro.
[20/10/2015] A compañía galega de danza BalletNorte presenta o espectáculo 'Atlántica' mañá mércores 21 e o xoves 22, os dous días ás 20:30 horas, no Salón Teatro de Santiago. A montaxe, realizada en coprodución co Centro Coreográfico e con dirección do coreógrafo Juan Miguel Hernández, rende unha homenaxe aos autores do Rexurdimento por medio da danza.
[14/10/2015]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) ofrecerá do 23 ao 27 de novembro na Coruña un taller sobre técnica de danza moderna cubana como forma de adestramento do corpo, que correrá a cargo da bailarina Lisvet Barcia Cabrera. O prazo de inscrición para participar neste novo encontro formativo, dirixido a bailaríns e bailarinas e estudantes de danza de nivel medio e avanzado, está aberto ata o vindeiro 13 de novembro.
[24/09/2015] O mestre Gonzalo Zaragoza regresará ao Centro Coreográfico Galego o vindeiro mes para impartir un curso de metodoloxía da danza clásica que terá lugar do 10 ao 12 de outubro. Os participantes terán así a oportunidade de afondar nos distintos métodos de aprendizaxe desta disciplina co xefe de estudos do Conservatorio Superior de Danza de Madrid 'María de Ávila', quen xa visitou a sede coruñesa da unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o pasado mes de xullo para conducir outro encontro sobre técnica clásica.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51