[20/04/2015]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolve desde esta mañá un novo curso do seu programa formativo, que desta volta conta coa profesora Ana Abad Carlés para afondar no ámbito da investigación da danza desde unha perspectiva académica. Ao encontro, que se estenderá ata o vindeiro venres na sede coruñesa do CCG, asiste un total de 16 alumnos, a meirande parte deles profesionais do ensino en diferentes conservatorios, escolas e centros educativos galegos.
[17/04/2015]
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a nova compañía galega BalletNorte asinaron un contrato para a coprodución este ano a través do Centro Coreográfico Galego do espectáculo ‘Atlántica’, dirixido por Juan Miguel Hernández. Esta sinatura responde á resolución do proceso de licitación pública convocado no pasado mes de novembro para ofrecerlles ás compañías privadas galegas a posibilidade de coproducir unha montaxe de danza moderna, neoclásica ou contemporánea a través da unidade de produción de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
[15/04/2015]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) recibirá mañá xoves na súa sede da Coruña a compañía valenciana Proyecto Titoyaya para unha sesión teórico-práctica aberta a estudantes, profesionais do sector e público xeral. O encontro, que terá lugar de 18.30 a 20.30 horas, forma parte da programación expandida do ciclo TRC Danza, que o Concello da Coruña desenvolve a través do Teatro Rosalía de Castro e que conta tamén coa colaboración da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
[08/04/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) recibe mañá na súa sede da Coruña a mestra estadounidense Catherine Turocy para impartir un curso intensivo de tres días sobre danza barroca, que abordará tanto desde a súa perspectiva dramática como coreográfica. Un total de 16 alumnos, entre os que se atopan profesionais da danza, do teatro e do ensino, inscribíronse neste encontro coa especialista norteamericana, recoñecida internacionalmente polo seu labor de recuperación e difusión deste xénero.
[07/03/2015] O Centro Coreográfico Galego (CCG) participará ao longo de todo o ano nas actividades de difusión que compoñen o proxecto TRC Danza complementario á programación do Teatro Rosalía Castro da Coruña, composto por unha carteleira de dez espectáculos de sala e por distintas accións de divulgación desta arte cara á cidadanía.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50