[26/06/2022]
A Xunta organiza oito cursos no marco do programa formativo do seu Centro Coreográfico Galego para 2022, que se desenvolverá ao longo do segundo semestre do ano arredor de diferentes temáticas como a prevención de lesións, o poder terapéutico da danza, diferentes estilos e técnicas coreográficas ou a xestión de compañías e espectáculos.
[28/04/2022]
A Xunta de Galicia publica hoxe a convocatoria do proceso de selección de tres espectáculos de danza, en calquera das súas modalidades, dentro do programa anual de coproducións do Centro Coreográfico Galego. Disponse para este fin dun orzamento máximo de 54.000 euros, establecéndose un límite de 18.000 euros por proxecto.
[12/08/2021]
A Xunta de Galicia publica mañá no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria e as bases do procedemento de selección para o posto de coordinación do Departamento de Música e Danza da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
[03/04/2021]
Nove cursos sobre diferentes estilos de danza, prevención de lesións e xestión cultural neste sector configuran a oferta formativa que a Xunta de Galicia desenvolverá na sede do Centro Coreográfico Galego na Coruña entre os meses de maio e outubro. Dirixido prioritariamente a profesionais e estudantes, aínda que aberto tamén a todas as persoas interesadas nesta arte, no programa teñen cabida técnicas contemporáneas, clásicas, urbanas e tap dance, para o que a unidade coreográfica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade volve contar cun profesorado integrado por recoñecidos nomes no seu ámbito.
[07/12/2020]
A Xunta de Galicia impulsará os novos espectáculos de danza nos que traballan Andrea Quintana, Javier Martín e Kirenia Martínez Acosta, adxudicatarios da licitación de tres contratos en réxime de coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG). Segundo a adxudicación publicada na web da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), a Xunta achegará máis de 50.000 euros ás tres propostas, asumindo así entre o 50 e o 80% dos seus respectivos orzamentos.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51