[27/01/2015]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un total de seis cursos de danza clásica, contemporánea, galega, barroca e de investigación coreográfica como arranque do plan formativo que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolverá durante 2015. Os mestres Ana Serantes García, Lázaro Carreño, Jordi Vilaseca, Iván Villar Agulleiro, Catherine Turocy e Ana Abad Carles impartirán os encontros desta nova convocatoria, a través da que a unidade de danza da Xunta de Galicia amplía o seu programa formativo en canto a xéneros coreográficos e enfoques teóricos.
[11/12/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de ofrecerlles ás compañías privadas galegas a posibilidade de coproducir en 2015 un espectáculo de danza moderna, neoclásica ou contemporánea a través do Centro Coreográfico Galego (CCG), para o que achega unha dotación máxima de 50.000 euros mediante a licitación dun contrato coa Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais).
[28/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria remata a vindeira semana o plan formativo 2014 do Centro Coreográfico Galego (CCG) cun curso-obradoiro de danza clásica e técnica de puntas a cargo de Lázaro Carreño, ex primeiro bailarín do Ballet Nacional de Cuba.
[12/11/2014]
O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, acollerá na mañá deste venres 14 de novembro unha sesión especial co coreógrafo francés Jean Philippe Dury, inserida no proxecto de programación expandida para o ciclo TRC Danza que está a desenvolver o Concello da Coruña a través do Teatro Rosalía Castro.
[07/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incorpora unha ‘master class’ da recoñecida mestra Carmen Roche á oferta formativa que está a desenvolver este outono a través do Centro Coreográfico Galego (CCG). Esta sesión especial terá lugar na sede da compañía pública mañá sábado 8, de 10.00 a 12.00 horas, coincidindo coa estadía na Coruña do Ballet Carmen Roche para representar o seu espectáculo ‘Timeless. De Petipa a Nacho Duato’ ás 20.30 horas no Teatro Colón.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50