[05/09/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colaborou coa Asociación Española de Cancro de Tiroides (AECAT) a través da participación do Centro Coreográfico Galego (CCG) na ´flashmob’ que se desenvolveu este mediodía na Praza da Quintana de Santiago de Compostela coa finalidade de acadar unha maior concienciación cara a esta enfermidade por medio desta peculiar acción escénica.
[28/07/2014] O Centro Coreográfico Galego da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluirá este ano no seu Programa de Residencias Artísticas as obras ‘Hibridology’, ‘Trump!’ e ‘Solipismo’, títulos que foron seleccionados a través dunha convocatoria pública para realizar parte do seu proceso de desenvolvemento no marco desta iniciativa de apoio aos creadores.
[21/07/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece desde hoxe e ata o próximo venres 25 en Vigo un obradoiro de composición coreográfica impartido polo coreógrafo madrileño Ángel Rodríguez. O taller, que se desenvolve nas instalacións da ESAD de Galicia (Escola Superior de Arte Dramática), está organizado polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como parte do seu plan formativo para 2014.
[14/07/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro venres na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un obradoiro de danza clásica coa mestra Virginia Valero, directora do Conservatorio Superior de Danza de Madrid ‘María de Ávila’.
[04/07/2014] O Centro Coreográfico Galego organizou este mediodía na praia de Santa Cristina en Oleiros (A Coruña) unha sesión de Gyrokinesis aberta á participación do público xeral. Con esta actividade especial, á que se sumaron 25 persoas, a unidade de danza da Xunta de Galicia pechou o curso que durante esta semana impartiu a bailarina e actriz Eva Pérez Atienza arredor deste método e da súa aplicación á danza clásica.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50