[21/07/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece desde hoxe e ata o próximo venres 25 en Vigo un obradoiro de composición coreográfica impartido polo coreógrafo madrileño Ángel Rodríguez. O taller, que se desenvolve nas instalacións da ESAD de Galicia (Escola Superior de Arte Dramática), está organizado polo Centro Coreográfico Galego (CCG) como parte do seu plan formativo para 2014.
[14/07/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve desde hoxe e ata o vindeiro venres na sede do Centro Coreográfico Galego (CCG) na Coruña un obradoiro de danza clásica coa mestra Virginia Valero, directora do Conservatorio Superior de Danza de Madrid ‘María de Ávila’.
[04/07/2014] O Centro Coreográfico Galego organizou este mediodía na praia de Santa Cristina en Oleiros (A Coruña) unha sesión de Gyrokinesis aberta á participación do público xeral. Con esta actividade especial, á que se sumaron 25 persoas, a unidade de danza da Xunta de Galicia pechou o curso que durante esta semana impartiu a bailarina e actriz Eva Pérez Atienza arredor deste método e da súa aplicación á danza clásica.
IMPARTIDO POR EVA PÉREZ ATIENZA, CELÉBRASE DESDE MAÑÁ E ATA O 4 DE XULLO[29/06/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria dá comezo mañá ao plan formativo do Centro Coreográfico Galego (CCG) para 2014 co obradoiro ‘Gyrokinesis e danza clásica adaptada’, que a bailarina e actriz Eva Pérez Atienza impartirá ata o venres 4 de xullo na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta de Galicia.
[20/05/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca un programa de residencias no Centro Coreográfico Galego (CCG) coa finalidade de lles achegar aos artistas individuais ou colectivos un espazo para o desenvolvemento dos seus proxectos de investigación, experimentación, creación e produción.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50