[09/05/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolverá un total de cinco talleres de danza clásica, contemporánea e composición coreográfica na Coruña e Vigo como parte do plan formativo 2014 do Centro Coreográfico Galego (CCG), para o que se acaba de abrir o período de inscrición. Profesionais da traxectoria de Eva Pérez Atienza, Iker Gómez, Virginia Valero, Ángel Rodríguez e Lárazo Carreño impartirán os encontros desta nova convocatoria, que se levarán a cabo en distintas datas dos meses de xullo e decembro nas sedes do CCG e da Escola Superior de Arte Dramática (ESAD).
[28/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este mércores 30 de abril en Lugo a última función de ‘A bela adormecida’, a produción de ballet clásico do Centro Coreográfico Galego (CCG) a partir do famoso ballet de Piotr Illich Tchaikovski e Marius Petipa. Alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Danza de Lugo participan desde o escenario nesta representación, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire.
[23/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este sábado 26 de abril no Pazo da Cultura de Pontevedra unha función do espectáculo ‘Full House’, a última produción de danza contemporánea do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada por Johan Inger.
[11/04/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá sábado 12 de abril en Carballo a última produción de danza do Centro Coreográfico Galego (CCG), ‘Full House’, como parte da programación do festival Primavera en Danza que se está a desenvolver na localidade coruñesa.
[05/04/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este luns 7 de abril e o martes día 8 dúas funcións no Salón Teatro de Santiago de Compostela do espectáculo ‘Full House’, a última produción de danza contemporánea do Centro Coreográfico Galego (CCG) creada por Johan Inger.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50