AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Noticias



Novas

Amaury Lebrun UN TOTAL DE 21 ALUMNOS ASISTEN A ESTE OBRADOIRO, QUE SE CELEBRA DESDE HOXE E ATA O VINDEIRO DÍA 13 NAS INSTALACIÓNS DA COMPAÑÍA PÚBLICA NA CORUÑA

O Centro Coreográfico Galego organiza un curso de danza contemporánea con Amaury Lebrun

[09/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza desde hoxe e ata o vindeiro venres día 13 o curso de danza contemporánea que o coreógrafo francés Amaury Lebrun está a impartir na sede coruñesa do Centro Coreográfico Galego. Un total de 21 alumnos participan nesta actividade, inserida no programa formativo que a unidade de produción coreográfica da Xunta de Galicia destina tanto a profesionais da danza como a estudantes de nivel avanzado.

Quebranoces AS REPRESENTACIÓNS TERÁN LUGAR O VENRES 6 E O SÁBADO 7, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 8, ÁS 12.00

O 'Quebranoces' regresa á Coruña para ofrecer tres funcións no Teatro Colón coa participación de 150 alumnos de escolas de danza de toda Galicia

Documento anexo [04/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta do venres 6 ao domingo 8 de decembro no Teatro Colón da Coruña tres funcións extraordinarias do ballet ‘Quebranoces’ do Centro Coreográfico Galego (CCG), para as que contará coa participación en escena dun total de 150 alumnos de 13 escolas de danza de toda Galicia.

A SEDE DA UNIDADE DE DANZA DA AGADIC NA CORUÑA ACOLLE HOXE AS PROBAS PARA ELIXIR O CORPO DE BAILE DA COMPAÑÍA PÚBLICA

O Centro Coreográfico Galego convoca un total de 145 bailaríns e bailarinas nas audicións da temporada 2013-14

[18/11/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou un total de 145 bailaríns e bailarinas para participar nas audicións que o Centro Coreográfico Galego está a desenvolver hoxe na súa sede da Coruña co obxectivo de seleccionar o corpo de baile co que contará a compañía pública de danza para a temporada 2013-14.

A UNIDADE DE DANZA DA AGADIC SELECCIONARÁ 12 BAILARÍNS E BAILARINAS QUE SE CONTRATARÁN A TRAVÉS DO RÉXIME ESPECIAL PARA ARTISTAS

A Consellería de Cultura e Educación convoca audicións para configurar o novo corpo de baile do Centro Coreográfico Galego

Documento anexo [07/11/2013] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir o proceso de selección de 12 bailaríns e bailarinas para integrar o corpo de baile dos espectáculos producidos polo Centro Coreográfico Galego.

mercedes suarez A SÚA DIRECTORA, MERCEDES SUÁREZ, FORMA PARTE DESTA MESA CREADA RECENTEMENTE CO OBXECTIVO DE ESTABLECER UN MODELO DE COORDINACIÓN ENTRE CREADORES, COMPAÑÍAS E A SOCIEDAD GENERAL DE AUTORES

O Centro Coreográfico Galego integra o novo grupo de traballo de coreografía da SGAE

[03/07/2013] O Centro Coreográfico Galego da Consellería de Cultura e Educación forma parte do novo grupo de traballo de coreografía constituído recentemente no seo da Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) co fin de analizar os problemas e propoñer solucións arredor da xestión dos dereitos das obras coreográficas.


< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49

<< 2019 >>
<< outubro >>
  1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31      

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais