[12/02/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe na Coruña a estrea do ballet clásico ‘A bela adormecida’ que, producido polo Centro Coreográfico Galego (CCG) en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG), terá lugar os días 21 e 22 de febreiro no Pazo da Ópera.
[15/01/2014]
O Centro Coreográfico Galego (CCG), unidade de produción de danza da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e a Orquestra Sinfónica de Galicia estrean os días 21 e 22 de febreiro no Pazo da Ópera da Coruña ‘A bela adormecida’, ballet en dous actos con música de Tchaikovski e coreografía de Petipa. Estas funcións virán precedidas de sesións didácticas concertadas con diferentes centros escolares, que terán lugar do 12 ao 14 de febreiro.
[05/01/2014]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza un concurso de debuxo para nenas e nenos de 7 a 13 anos de idade arredor do ballet clásico ‘A bela adormecida’, que o Centro Coreográfico Galego prepara nestes momentos cara á súa estrea o 21 de febreiro no Pazo da Ópera da Coruña. O obxectivo desta convocatoria é motivar a creatividade e a curiosidade do público infantil arredor do mundo da danza, facéndoo partícipe do proceso creativo dun espectáculo coreográfico e de todo o traballo previo que queda fóra do alcance do público.
[09/12/2013] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza desde hoxe e ata o vindeiro venres día 13 o curso de danza contemporánea que o coreógrafo francés Amaury Lebrun está a impartir na sede coruñesa do Centro Coreográfico Galego. Un total de 21 alumnos participan nesta actividade, inserida no programa formativo que a unidade de produción coreográfica da Xunta de Galicia destina tanto a profesionais da danza como a estudantes de nivel avanzado.
[04/12/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta do venres 6 ao domingo 8 de decembro no Teatro Colón da Coruña tres funcións extraordinarias do ballet ‘Quebranoces’ do Centro Coreográfico Galego (CCG), para as que contará coa participación en escena dun total de 150 alumnos de 13 escolas de danza de toda Galicia.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50