[25/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reuniu máis de 13.400 espectadores durante a xira que o Centro Coreográfico Galego (CCG) desenvolveu entre os meses de decembro e febreiro coa súa versión do ballet clásico Quebranoces, da que ofreceu un total de 12 funcións en sete escenarios de toda Galicia.
[08/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza a xira do Centro Coreográfico Galego (CCG) coa súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa, que o vindeiro sábado 16 de febreiro ás 21.00 horas será representado no Auditorio Municipal de Cangas en colaboración coa Escola de Danza Maite Quiñones desta localidade.
[07/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Orquestra Sinfónica de Galicia na posta en escena na Coruña do ballet Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG) que, tralos pases para escolares que está a desenvolver desde onte, culminará a súa estadía no Pazo da Ópera cunha función para público familiar o sábado 8 ás 12.00 horas.
[01/02/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta a vindeira semana na Coruña unha versión especial do ballet Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG), que nas seis funcións que se celebrarán no Pazo da Ópera contará coa música en directo da Orquestra Sinfónica de Galicia e coa participación en escena de 66 alumnos de escolas de danza da comarca coruñesa.
[17/01/2013]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta mañá venres ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Arteixo o espectáculo Quebranoces, versión do famoso ballet de Tchaikovski e Petipa que o Centro Coreográfico Galego (CCG) está a poñer en escena en colaboración con centros de danza e orquestras de toda Galicia.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50