[02/01/2013]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria preséntase este venres día 4 en Lugo coa súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa, que desenvolve en colaboración co Conservatorio Profesional de Danza da cidade. Así, na función que se celebrará ás 20.30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire participarán máis de 60 alumnas e alumnos deste centro, que interveñen no espectáculo xunto aos bailaríns profesionais da compañía pública.
[26/12/2012]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este venres día 28 en Pontevedra a súa versión do famoso ballet Quebranoces, de Tchaikovski e Petipa. Nesta representación, que se celebrará no Pazo da Cultura ás 20:30 horas, contarase coa participación de 45 estudantes das escolas de danza Deborah e Vaganova, así como coa música en directo a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e do Coro Infantil do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga.
[22/12/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrecerá o vindeiro xoves 27 en Narón unha función do ballet Quebranoces do Centro Coreográfico Galego (CCG), na que un total de 56 alumnas de danza da zona de Ferrolterra actuarán xunto ao elenco profesional da compañía pública.
[21/12/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea mañá sábado, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa a versión do ballet Quebranoces de Tchaikovski e Petipa, coa que o Centro Coreográfico Galego (CCG) realiza por primeira vez desde a súa creación unha produción de ballet clásico.
[20/12/2012]
O Centro Coreográfico Galego (CCG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estrea este sábado 22 de decembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa o Quebranoces, versión da famosa creación de Tchaikovski e Petipa coa que a unidade de danza da Xunta de Galicia incorpora por vez primeira ao seu repertorio unha produción de ballet clásico.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50