[22/11/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este sábado 24 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra unha función da última produción do Centro Coreográfico Galego (CCG) que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no mesmo programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, creada por Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.
[05/11/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta semana no Salón Teatro de Santiago a última produción do Centro Coreográfico Galego que, baixo o título conxunto de AÍNDA, reúne no programa as pezas Jardí Tancat, de Nacho Duato, e Aínda, creada por Mercedes Suárez e Amaury Lebrun.
[05/10/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convida este sábado día 6 a descubrir dunha nova forma a exposición Gallaecia Petrea a través dun programa de visitas guiadas que combinan arte, historia e movemento. Trátase de Gallaecia en danza, unha oportunidade para gozar dunha fusión de linguaxes artísticas na que a contundencia da arte na pedra vai da man da expresividade da danza, e que se desenvolve no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura.
[13/09/2012]
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora coa Compañía Nacional de Danza de Costa Rica na montaxe e estrea no país centroamericano de Vacuo, o espectáculo creado pola ourensá Maruxa Salas en 2006 como primeira produción artística do Centro Coreográfico Galego (CCG).
[13/07/2012] Un total de 25 alumnos e alumnas, na súa meirande parte estudantes galegos do grao profesional, participará ao longo das vindeiras 2 semanas nos obradoiros de danza clásica e contemporánea que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza na Coruña a través do Centro Coreográfico Galego.
< Anteriores 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50